Celebramos o Día Mundial da Música con Unha historia da música en Galicia. 1952-2018

Categoría: Nova

Hoxe, 21 de xuño, celebramos o Día mundial da música, organizado pola Unión Europea dende 1982 co obxectivo de promocionar a música mediante todas as súas vertentes. E que mellor forma de celebralo que viaxando a través de Unha historia da música en Galicia. 1952-2018, de Fernando Fernández Rego.
Adéntrate en profundidade na historia da música galega, dende aquelas orquestras que percorrían o mundo en furgonetas por estradas imposibles ata as formacións que viñeron despois co pop, rock, beat, yé-yé e moitos máis, pasando pola canción de autor, a movida dos anos 80… Centos de horas de entrevistas que dan voz a personalidades importantes da música galega e máis de mil imaxes de discos, grupos, festivais… Un amplo abano de contidos que non van deixar indiferente a ninguén e que fan deste libro unha cumprida enciclopedia sobre a música onde poderás atopalo todo, absolutamente todo.
Coñece en exclusiva un adianto publicado por La Voz de Galicia desta historia trasladada ao papel por Fernández Rego aquí, e se queres afondar aínda máis nesta obra non perdas o artigo de El Progreso asinado por Jaureguizar que podes atopar aquí.
Ademais, recorda que aínda tes ata o 27 de xuño para mercar Unha historia da música en Galicia. 1952-2018 por 34,40 euros, cun 20% de desconto sobre o prezo orixinal, incluíndo os gastos de envío dentro do territorio nacional.
Celebra o Día mundial da música xunto aos pioneiros que constituíron as partituras felices da música galega e non perdas esta gran oportunidade!

Comparte nas túas redes sociais ou por email