O próximo día 10 de abril, xoves, celebramos medio século da revista GRIAL, 200 números, cincuenta anos de presenza ininterrompida, dende 1963, nun acto ás 20 horas en Santiago de Compostela.
Nas súas páxinas publicaron as personalidades máis sobranceiras da nosa cultura, de dentro e de fóra de Galicia. Mais o desafío está sempre no futuro. Os nosos esforzos van nesa dirección. O patrimonio deste medio século é moi importante, pero a vitalidade das empresas está na súa capacidade para seguir construíndo cara adiante.
Non queremos deixar pasar un acontecemento destas características sen compartilo cos nosos lectores e lectoras, subscritores e amigos.
Con tal motivo, dende este espazo virtual dende a Editorial Galaxia queremos convidar a todas e a todos a acompañarnos ese día no acto cultural que celebramos en Santiago de Compostela, na Fundación Novacaixagalicia (rúa do Vilar, 19).
En días vindeiros iremos dando todos os detalles do acto.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR