Catro libros de Galaxia, finalistas dos premios da AELG

Categoría: Nova

Nestas vacacións de primavera, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega fixeron públicos os títulos finalistas dos seus premios que recoñecen os mellores títulos, nas ditintas categorías, dos publicados durante o ano anterior.
Na listaxe final, sobre a que votarán nunha segunda volta os socios e socias da AELG (o fallo darase a coñecer nunha gala en Lugo o vindeiro 9 de maio), hai catro títulos da nosa Editorial, concretamente, 'Máscaras rotas para Sebastian Nell' de Alberto Ramos e 'Olympia Ring, 1934' de Xabier López López, na categoría de narrativa, 'Aos Reis Magos non lles gustan os caramelos de menta' de Isabel Freire, na de teatro, e 'Tes ata as 10' de Francisco Castro na de infantil-xuvenil.
Unha excelente colleita para un ano vizoso para a nosa editorial.

Comparte nas túas redes sociais ou por email