Autor/a destacado/a:
Marcos Calveiro
27/11/17

Marcos Sánchez Calveiro, coñecido como Marcos Calveiro, naceu en Vilagarcía de Arousa no ano 1968 e actualmente reside en Vigo, onde exerceu a avogacía e agora rexenta un local de hostelaría. Comezou a súa carreira literaria creando obras dedicadas á literatura infantil e xuvenil, escribindo principalmente en galego. Neste campo recibiu numerosos premios como o Ala Delta, o Barco de Vapor ou o Lazarillo. Tamén publicou obras no campo da poesía e o ensaio e en 2008 publicou a súa primeira novela dirixida ao público adulto, Festina Lente, recoñecida co Premio da Crítica de narrativa galega. En 2015 gañou o IX Premio Narrativa Breve Repsol coa novela Fontán e en 2017 o XXIX Premio García Barros coa novela O xardineiro dos ingleses.

Galaxia pon nas librarías un novo inédito de Neira Vilas

Estes días chega ás mesas de novidades das librarías galegas Co pai, unha obra inédita de Neira Vilas que se suma á Biblioteca que a Editorial Galaxia dedicou, xa en vida, a reunir a obra do escritor inmortal de Gres, autor entre outros de Memorias dun neno labrego. Este é xa o segundo volume inédito que publica …

Ricardo Carvalho Calero: Letras Galegas 2020

Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990), escritor, historiador da literatura, crítico literario, lingüista e filólogo, foi escollido hoxe polo pleno da Real Academia Galega como o persoeiro homenaxeado no Día das Letras Galegas do vindeiro ano 2020. Primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela, doutor …

Celebramos o Día Mundial da Música con Unha historia da música en Galicia. 1952-2018

Hoxe, 21 de xuño, celebramos o Día mundial da música, organizado pola Unión Europea dende 1982 co obxectivo de promocionar a música mediante todas as súas vertentes. E que mellor forma de celebralo que viaxando a través de Unha historia da música en Galicia. 1952-2018, de Fernando Fernández Rego. Adéntrate en profundidade na historia da …

Chega ás librarías Os amorodos de Bergman, Premio Ramón Piñeiro 2018

Os amorodos de Bergman, obra gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2018, chega ás mesas de novidades da man de Fernando Redondo Neira e a Editorial Galaxia. A obra galardoada nesta XVIII edición, Os amorodos de Bergman, de Fernando Redondo Neira, amosa unha ollada do universo do cinema feita a partir dunha experiencia galega …

Ana Abad de Larriva gaña o II Premio Roberto Vidal Bolaño

Reunido nas oficinas da sede da Editorial Galaxia en Vigo esta mesma tarde, un xurado composto polo dramaturgo Carlos Labraña, a actriz Mónica Camaño e o profesor Delio García Represas, e coa tamén dramaturga Raquel Castro como secretaria con voz, pero sen voto, decidiu declarar gañadora do II Premio Roberto Vidal Bolaño a obra A …

Unha historia da música en Galicia xa dispoñible en prevenda

Ata o 27 de xuño podes mercar por 34,40 euros, cun 20% de desconto sobre o prezo orixinal (43 euros) a obra máis completa sobre a historia da música galega: Unha historia da música en Galicia. 1952-2018. Ademais, nesta opción de prevenda inclúense os gastos de envío a nivel nacional. Centos de horas de entrevistas …

Carlos Lema escribe sobre O último barco: a “novela democrática”

No último número da revista Grial, Carlos Lema, director de Edicións desta casa, escribe sobre a “novela democrática” a propósito da publicación de O último barco, de Domingo Villar, o peche da triloxía protagonizada polo inspector Leo Caldas que xa leva máis de 10.000 exemplares vendidos en galego: “A novela é, de seu, unha representación …

Grial Parga escribe sobre O colapso territorial en Galiza

Na sección “O espello das letras” do último número da revista Grial, Grial Parga afonda en O colapso territorial en Galiza, un ensaio no que Xosé Constenla Vega desenvolve unha serie de teses teóricas sobre a perda de complexidade no modelo territorial galego e o colapso que leva implícito. “O colapso territorial en Galiza, obra fundamentalmente teórica, …

Prudencio Viveiro escribe sobre Golpistas e verdugos de 1936

Na sección “O espello das letras” do último número da revista Grial, o historiador Prudencio Viveiro Mogo afonda en Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo, unha proposta colectiva editada polos profesores da Universidade de Santiago de Compostela Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez Macho. Baixo este título aparecen recollidos varios traballos de …

Yolanda Castaño escribe sobre a reedición de Baleas e baleas

Na sección “O espello das letras” do último número da revista Grial, a poeta Yolanda Castaño afonda na reedición trinta aniversario de Baleas e baleas, o clásico contemporáneo de Luisa Castro: “Pasando das modas literarias, auténtica e fronte a todo construíu Luísa Castro esa poética: fusionando a cultura clásica e o banal, unha tenrura esgazada e …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR