Autor/a destacado/a:
Marcos Calveiro
27/11/17

Marcos Sánchez Calveiro, coñecido como Marcos Calveiro, naceu en Vilagarcía de Arousa no ano 1968 e actualmente reside en Vigo, onde exerceu a avogacía e agora rexenta un local de hostelaría. Comezou a súa carreira literaria creando obras dedicadas á literatura infantil e xuvenil, escribindo principalmente en galego. Neste campo recibiu numerosos premios como o Ala Delta, o Barco de Vapor ou o Lazarillo. Tamén publicou obras no campo da poesía e o ensaio e en 2008 publicou a súa primeira novela dirixida ao público adulto, Festina Lente, recoñecida co Premio da Crítica de narrativa galega. En 2015 gañou o IX Premio Narrativa Breve Repsol coa novela Fontán e en 2017 o XXIX Premio García Barros coa novela O xardineiro dos ingleses.

Chega ás librarías nós-dentro

Estes días chegaba ás librarías galegas nós-dentro, o novo poemario de Eduardo Estévez, un libro no que o poeta volve reflexionar sobre a trascendencia nos elementos dos cotián. Así, os itinerarios de dentro constrúense coas mudanzas da luz, as rutinas dos habitantes e as interferencias que traen os libros. Porque as lecturas producen na voz …

Berta Dávila fala sobre A pel do mundo

Hai xa unhas semanas, no Sermos Galiza, Berta Dávila, autora de A pel do mundo, falaba sobre o seu último poemario para o público infantil publicado por Galaxia. Sobre este libro de poesía ilustrado por Alba Cid, a autora explicaba: “A única razón válida para facer case calquera cousa é por amor. Para escribir un …

Galaxia celebra o Día da Lingua Materna

Na Editorial Galaxia sumámonos hoxe, 21 de febreiro, á celebración do Día da Lingua Materna. A UNESCO entende que o Día da Lingua Materna está destinado a celebrar e preservar a diversidade lingüística do noso planeta, asegurando vías de desenvolvemento sostible para todas as linguas. Dende Galaxia sumámonos a esta intención co orgullo que nos …

Ramón Villares analiza a identidade galega

Hai unhas semanas Mario Regueira escribía no semanario Sermos Galiza sobre o novo ensaio de Ramón Villares, Identidade e afectos patrios, publicado por Galaxia. Na recensión, Mario Regueira destacaba: “Identidade e afectos patrios demostra unha serie de calidades infrecuentes neste tipo de coleccións e non podemos deixar de pensar que o verdadeiro tema de fondo …

Galaxia publica a biografía de María Victoria Moreno

Recén saída do prelo, chega estes días ás mesas de novidades das librarías do país A voz insurrecta, unha biografía a cargo da crítica e profesora Montse Pena Presas publicada na colección Letras Galegas da Editorial Galaxia que intentará achegar ao gran público a figura de María Victoria Moreno. Unha iniciativa que se suma á …

Chega ás librarías Bonus track a estrea narrativa de Rosalía Fernández Rial

A partir da vindeira semana comezará a chegar ás mesas de novidades das libraías galegas Bonus track a estrea narrativa da poeta Rosalía Fernández Rial. Ás veces precísase dar todo por perdido para que algo inesperado te sorprenda. Pero sempre hai unha posibilidade para a esperanza. Por iso cómpre esgotar as pistas establecidas se queres …

Novidade editorial: Tres estudos para un poema da cidade de Antón Blanco

Estes días comezará a chegar ás librarías Tres estudos para un poema da cidade o novo poemario de Antón Blanco Casás. Este novo libro, Tres estudos para un poema da cidade, debería entenderse dentro dun xogo de trindades, un tríptico que encarna un feito común para as diversas figuras e, ao tempo, vela para que …

Nace o I Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño

A Editorial Galaxia e o IES Ribeira do Louro a través do seu Equipo de Dinamización Lingüística, convocan o I Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño. Homenaxeando o nome do xenial dramaturgo compostelán a quen se lle adicou Día das Letras Galegas do pasado 2013, este novo premio ten como finalidade animar á escrita …

I Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño

Este certame nace pola necesidade de fomentar a escrita de textos teatrais dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato. Por iso, o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia, convocan este certame coa finalidade de crear un fondo de textos teatrais susceptibles de ser representados por alumnado do ensino secundario. BASES: Poderán concorrer ao …

A National Library of Ireland fala de Galaxia

No pasado número da revista da National Library of Ireland, a Editorial Galaxia e o seu presidente Antón Vidal Andión foron mencionados como recoñecemento pola exitosa tradución do Ulises de James Joyce ao galego. A novela, publicada no ano 1922, saiu do prelo nunha nova tradución para o galego no ano 2013 da man do equipo formado …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR