Autor/a destacado/a:
Editorial Galaxia publica a antoloxía completa de Fiz Vergara Vilariño
16/09/19

Galaxia publica nestre tramo final do ano a antoloxía poética de Fiz Vergara Vilariño, escrita por Yago Rodríguez Yáñez. Un traballo necesario e unha gran escolma poética por parte do autor. Atopámonos ante un referente esencial, polo que hai que transitar para entender a nosa poesía actual. O poeta naceu e morreu na parroquia de Santalla de Lóuzara, no concello lugués de Samos (1953-1997). A súa poesía contiña un marcado carácter social, que foi derivando a un maior intimismo co tempo. Da súa primeira época destacan as obras Para vós (1971) e Encontro cos tiburóns (1973). A poesía paisaxística, amorosa e existencialista predomina dende Orfo de ti en terra adentro (1976). Desta tendencia son os poemarios Poeta muiñeiro á deriva (1982), Nos eidos da bremanza (Editorial Galaxia, 1990), Pastora de sorrisos (1993) e o póstumo Animal sen fel (1998). Formou parte do colectivo Cravo Fondo, xurdido en Santiago de Compostela en 1977. Foi un grupo poético que naceu cunha vontade renovadora, autodefinido como revolucionario, nacionalista e comprometido coa investigación creativa coa lingua e a literatura. Poetas da altura de Ramiro Fonte, Xesús Rábade Paredes, Xavier Rodríguez Barrio, Xulio López Valcárcel, Xesús Manuel Valcárcel, Helena Villar Janeiro e o propio Fiz Vergara Vilariño, dábanlle forma a esta sinerxía literaria. “Por Galicia, pola poesía, Cravo Fondo, verba nova para unha terra ceibe”. En 1977 publican Cravo Fondo, o seu único libro conxunto no que, en forma de manifesto, mostra a vontade de superación do socialrealismo epigonal, sen renunciar á historicidade nin caer no esteticismo. Saliéntase a necesidade de facer recitais non elitistas.  

Presentación de “Mulleres que (nos) dan que pensar” na Coruña

O día 20 de xaneiro, ás 19:00 h, celebrarase, na Biblioteca do Ágora da Coruña, a presentación de Mulleres que (nos) dan que pensar, de África López Souto. Acompañando á autora, asistirán Susana López Abella, Secretaria Xeral de Igualdade e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Por fortuna, ao longo das últimas décadas vanse …

Xesús Alonso Montero acada o Premio Cultura Galega das Letras

Onte, en Vigo, entregáronse os Premios da Cultura Galega. Nesta edición, o catedrático de Literatura Galega e escritor, Xesús Alonso Montero, foi galardoado na modalidade de Letras. Ensaísta e polígrafo nado en Vigo en 1928, pertence á promoción de escritores que iniciaron o seu labor intelectual e cultural tras a Guerra Civil. Dende entón desenvolveu …

Vinte anos das “Rulas de Bakunin”

O vixésimo aniversario da publicación de As rulas de Bakunin, de Antón Riveiro Coello, cadra coa saída neste ano 2020 da novena edición da novela, que foi Premio García Barros no ano 2000 e leva 17.000 exemplares vendidos. Nestes vinte anos, o conxunto da obra literaria de Riveiro Coello non deixou de engrandecerse con temas …

Presentación de “Papá, por que non pintas as unllas de cores? ” en Santiago

O día 13 de xaneiro, ás 19:30 h, celebrarase, na libraría Lila de Lilith de Santiago de Compostela, a presentación de Papá, por que non pintas as unllas de cores?, de Jorge García Marín. Acompañando á autora, asistirán Susana López Abella, Secretaria Xeral de Igualdade e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Educando (construíndo) …

A colección de Ensaio chega ao número 100

2020 comeza coma un ano no que gobernan as cifras: o 70 aniversario de Galaxia, os 100 da Xeración Nós… e a chegada do último título da  nosa colección de Ensaio, titulado Habitando historias. 10 experiencias arredor do libro e da lectura, editado por Montse Muriano Rodríguez. Sen dúbida, unhas cifras ben bonitas que nos …

Os libros máis vendidos do 2019

O 2020 comeza dándonos a alegría de ser o ano do noso 70 aniversario e o centenario da Xeración Nós, pero deixando tamén tras de sí, a lista de títulos máis vendidos deste 2019. Son moitos os libros que nos fan sentirnos orgullosas e orgullosos e con cada un deles emprendemos unha aventura diferente. Velaquí …

“Unha historia da música en Galicia”, recomendado en Rockdelux

Velaquí deixamos a lista de mellores libros pop 2019 da prestixiosa revista Rockdelux. É a primeira vez que un libro en galego entra nesta listaxe. Unha historia da música en Galicia. 1952-2018 sitúase no posto 20. Unha obra que nos está a dar moitas alegrías e que condensa nas súas páxinas a totalidade do panorama …

Neste 2020 a Editorial Galaxia cumpre 70 anos

Co gallo do seu 70 aniversario A EDITORIAL GALAXIA PRESENTA UN NOVO LOGOTIPO PARA O ANO 2020 Este ano 2020 a Editorial Galaxia cumpre 70 anos. Fundada en 1950 leva sete décadas de servizo ao país. Co gallo deste aniversario, todas as publicacións que vexan a luz durante 2020 farano cun novo logomarca que, lembrando …

Xaquín Núñez Sabarís gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2019

A obra Cartografías da narrativa galega contemporánea, de Xaquín Núñez Sabarís resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2019, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia co patrocinio de Caixa Rural Galega. A xuntanza do xurado realizouse hoxe, día 27 de decembro de 2019, ás …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR