Case que 900 persoas gozan con María Fumaça

Categoría: Nova

O pasado sábado, o tren de María Fumaça conseguiu concentrar case que 900 persoas no seu concerto no Mar de Vigo, nunha actuación que será lembrada xa non só polo éxito multitudinario, senón pola comuñón que se produciu entre artistas e público, nun concerto que durou algo máis de unha hora, que tivo ata catro bises e que podería ter durado, tal era o entusiasmo da xente, varias horas máis.
Os temas do libro-disco-DVD editado por Galaxia soaron no Mar de Vigo, así como algún tema de adianto da nova proposta de María Fumaça, que xa se está a gravar e que estará nas librerías contra da primavera.
No noso blogue deixamos unha galería fotográfica da xornada obra do que, dalgunha maneira, é o fotógrafo "oficial" da familia María Fumaça, Paxi Da Silva Ferreira.

Comparte nas túas redes sociais ou por email