Hai unhas cantas semanas, Daniel Salgado comentaba nas páxinas do Sermos Galiza a obra de Carlos Casares A ledicia de ler, conxunto de 400 artigos recollidos por Galaxia nun só volume. Sobre este conxunto de relatos do escritor ourensán, Salgado expoñía que “os textos amosan a súa atención demorada e crítica á literatura galega. Novelistas, poetas, ensaístas, dramaturgos pasan pola súa perspectiva, adscrita a un presunto sentido común que, vai delimitando un campo do posíbel e diagramando un canon.”.

Así mesmo, recalcaba: “configuran unha poética propia e unha autotradición. Do máximo interese para comprender a cultura galega na transición, A ledicia de ler serve tamén para avaliar a acción intelectual a través da prensa, paixón fundamental do pasado século”.

Podes descargar a recensión completa aquí.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR