Carta a Antón Beiras

Categoría: Nova

A profesora Antía Cal Vázquez (A Habana, 1923), a quen a Fundación Otero Pedrayo outorgou este ano o Premio Trasalba, fixo unha vibrante intervención na casa grande de Cimadevila, diante de case cincocentas persoas, arredor da memoria do seu home, o médico galeguista Antón Beiras García (1916-1968), e do compromiso (hoxe máis necesario ca nunca) co ensino, cos profesores e coa formación das novas xeracións a través da educación. Reproducimos dende a ligazón que tes á dereita destas liñas, o texto integro do seu discurso.

Comparte nas túas redes sociais ou por email