En compromiso coa memoria de Carlos Casares, a Deputación Provincial de Ourense vén de outorgarlle a título póstumo o máis importante galardón da provincia ao escritor e galeguista ourensán  un ano despois dos actos do Día das Letras Galegas 2017 en homenaxe a Casares.

O obxectivo, segundo o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, é continuar coa visibilización da figura e a obra de Carlos Casares para que non se quede só nun acto puntual, senón que continúe nos vindeiros anos, en actividades e eventos nas que a entidade provincial, a familia e a Fundación Carlos Casares colaboren e traballen conxuntamente.

Na mesa do acto de entrega da medalla, no salón de plenos da deputación, estiveron presentes Xavier Casares, Manuel Baltar, Håkan e Christian Casares, e Luís González Tosar, quen se encargou de realizar a laudatio. A coral Ruada foi a encargada de abrir e pechar o acto con varias pezas. A lectura do acordo plenario da entrega da medalla de ouro da provincia correu a cargo do deputado de cultura, Manuel Doval.

Podes ampliar información e consultar imaxes na web da Fundación Carlos Casares.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR