Coordinadas polo traballo de Rafael Laso Lorenzo, ofrecemos neste libro trinta e tres entrevistas realizadas a persoas que, por unha razón ou outra, coñeceron persoalmente a Carlos Casres. Tamén as voces daqueles que se achegaron a el a través da súa obra. Mulleres e homes de todos os eidos: médicos, escritores, críticos literarios, empresarios, profesores universitarios, políticos, editores, libreiros… Todos eles van debullando un retrato do autor de ILUSTRÍSIMA: as calidades da súa escrita, o seu traballo de editor, as facetas da súa personalidade. Un libro de homenaxe que inclúe unha biografía rigorosa e sucinta, a cronoloxía da súa obra e un álbum fotográfico no que se reflicten momentos sinalados da súa vida.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR