Caneiro, Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego

Categoría: Nova

Este venres tivo lugar en Pontevedra o fallo da VIII edición Premio de Xornalismo en lingua galega Francisco Fernández del Riego, convocado por Novacaixagalicia coa vocación de impulsar o uso do idioma galego nos medios de comunicación. Nesta ocasión o artigo gañador foi "Sumar, Ana", de Xosé Carlos Caneiro, publicado en La Voz de Galicia o 28 de setembro de 2010, a propósito da morte de Ana Kiro.

O xurado tamén fallou a XXXII edición do Premio de Periodismo Julio Camba, concedido a Ramón Pernas polo seu artigo "El lobo de Cee", tamén publicado en La Voz de Galicia o 6 de outubro de 2010.

Nesta edición presentáronse ao certame 57 artigos, 34 en castelán e 23 en galego.

Comparte nas túas redes sociais ou por email