CANDO ARTUR NON ERA REI en Betanzos

Categoría: Nova

Este venres, ás 20.30 h, na Sala Azul do Edificio Liceo, en Betanzos, o escritor Xabier López López presenta a súa nova novela, 'Cando Artur non era rei', que a Editorial Galaxia publica na súa colección Costa Oeste.
Nesta nova incursión na narrativa xuvenil, o autor de Betanzos achégase a un asunto ben tratado na nosa tradición literaria mais dende unha nova perspectiva. Porque a figura de Artur ten sido moi abordada dende a ficción e dende hai décadas. Sen embargo, pouco se ten escrito, dende a imaxinación desbordante que o autor de 'Trinta e dous dentes' nos ten máis que demostrado, sobre Artur antes de ser o persoeiro de lenda que agora é.
Este venres teremos ocasión de partillar con el en Betanzos. E despois, lendo no seu libro, con Lanzarote e o vello Merlín e todos os personaxes dos que criamos sabelo todo. O que faltaba, está aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email