Brais e os demais

Categoría: Nova

O escritor Manuel Darriba, recentemente galardoado como poeta, publica en Árbore 10 anos, 'Brais e os demais', a historia dun cativo que, a pesar de só ter nove anos, fai xa cousas de máiores. É un tipo alto, por fóra e por dentro, que aspira a pasalo ben, a quen todo chama a atención. O seu pelo, cenoria e crecho, recorda moito as lapas das fogueiras.
En definitiva, un heroe literario a quen só lle pasan cousas fascinantes, todas elas sen case se mover do seu barrio, cheíño de veciños ben curiosos.
Un libro para aqueles que teñen ganas de que lles conten unha boa historia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email