Autor/a destacado/a:
Editorial Galaxia publica a antoloxía completa de Fiz Vergara Vilariño
16/09/19

Galaxia publica nestre tramo final do ano a antoloxía poética de Fiz Vergara Vilariño, escrita por Yago Rodríguez Yáñez. Un traballo necesario e unha gran escolma poética por parte do autor. Atopámonos ante un referente esencial, polo que hai que transitar para entender a nosa poesía actual. O poeta naceu e morreu na parroquia de Santalla de Lóuzara, no concello lugués de Samos (1953-1997). A súa poesía contiña un marcado carácter social, que foi derivando a un maior intimismo co tempo. Da súa primeira época destacan as obras Para vós (1971) e Encontro cos tiburóns (1973). A poesía paisaxística, amorosa e existencialista predomina dende Orfo de ti en terra adentro (1976). Desta tendencia son os poemarios Poeta muiñeiro á deriva (1982), Nos eidos da bremanza (Editorial Galaxia, 1990), Pastora de sorrisos (1993) e o póstumo Animal sen fel (1998). Formou parte do colectivo Cravo Fondo, xurdido en Santiago de Compostela en 1977. Foi un grupo poético que naceu cunha vontade renovadora, autodefinido como revolucionario, nacionalista e comprometido coa investigación creativa coa lingua e a literatura. Poetas da altura de Ramiro Fonte, Xesús Rábade Paredes, Xavier Rodríguez Barrio, Xulio López Valcárcel, Xesús Manuel Valcárcel, Helena Villar Janeiro e o propio Fiz Vergara Vilariño, dábanlle forma a esta sinerxía literaria. “Por Galicia, pola poesía, Cravo Fondo, verba nova para unha terra ceibe”. En 1977 publican Cravo Fondo, o seu único libro conxunto no que, en forma de manifesto, mostra a vontade de superación do socialrealismo epigonal, sen renunciar á historicidade nin caer no esteticismo. Saliéntase a necesidade de facer recitais non elitistas.  

Máis dun centenar de personas acuden á presentación dos dous primeiros volumes da obra xornalística de Casares

Toda a produción xornalística asinada por Carlos Casares en La Voz de Galicia, baixo o epígrafe de Á marxe, vai ser publicada por Galaxia na colección Biblioteca Carlos Casares. O 4 de abril de 2006 en Vigo foron presentados os dous primeiros volumes da serie, os correspondentes aos anos 1992 e 1993. A columna de …

Unha comunidade perseguida

Xavier Alcalá tense salientado como un escritor que presta as súas mans e a súa capacidade narrativa para desenterrar historias que agochan a esencia do ser galego. Os feitos que ha relatar nesta novela que pecha a triloxía, editada por Galaxia desde o primeiro volume, Evanxélica memoria e que se ha titular Unha falsa luz …

Editorial Galaxia edita en galego ao mesmo tempo que se publica en Europa "Cruceiro de verán".

Unha das noticias literarias do ano, a nivel mundial, é o achado e publicación dunha novela inédita de Truman Capote titulada Cruceiro de verán. Escrita en 1943, o autor norteaméricano traballaría nela durante unha década para, finalmente, deixala rematada pero sen chegar a publicala nunca. Galaxia editaa agora, poucos mese despois de que aparecera a …

Darío Xohán Cabana ingresa na Real Academia Galega e publica con Galaxia "Cabalgada na brétema" un poemario que libera enerxía comunal.

O salón de actos da Real Academia Galega (RAG), na coruñesa rúa de Tabernas, non daba máis de si aos poucos minutos que o lugués Darío Xohán Cabana fixera a súa entrada. Cabana leu un extenso discurso de ingreso que levaba por título De Manuel María a Ferrín: a grande xeración, no que enxalzou a …

Paco Martín, Premio Nacional de Literatura Infantil en 1986 por "Das cousas de Ramón Lamote", publica en Galaxia o libro de contos "A bisneta lercha"

Paco Martín asegura que, segundo lle dita a súa experiencia profesional -39 anos sendo mestre-, aos rapaces non lles gusta a correccón política das versións dos contos clásicos e afirma que a el tampouco. O escritor lucense quixo escoller, polo menos, un relato de cada un dos tres grandes escritores da tradición de contos europea. …

Nunha calorosa e entusiasta presentación o profesor Díaz-Fierros e Editorial Galaxia celebran a publicación de "A cuestión ambiental en Galicia"

O 11 de maio no Consello da Cultura Galega Francisco Díaz Fierros Viqueira acompañado do seu editor Víctor F. Freixanes, do biólogo Uxío Labarta e de Ramón Villares Paz, presidente do Consello da Cultura Galega, presenta A cuestión ambiental en Galicia. Raíces dunha nova cultura (1750-1972), o ensaio que acaba de sair do prelo hai …

A exposición [i]Travesías. Galicia, terra de navegantes[/i] que Galaxia inaugurou pegada á Volvo supera os seis mil visitantes en menos dun mes

Seis mil visitantes pasan pola exposición que Galaxia ofrece sobre navegantes e navegación en Galicia. A casa das Artes de Vigo acollerá un mes máis o evento, que permanecerá ata o 25 de xaneiro de 2006. Travesías é unha exposición multicéntrica que nos fala de tres viaxes oceánicas vinculadas estreitamente con Galicia, mergúllase no mundo …

Un epistolario reflicte a amizade entre Del Riego e Carballo Calero

"Querido irmán", "Meu querido amigo" ou "Querido Paco". Deste xeito comezaban todas as cartas que Carballo Calero enviou durante cincoenta anos a don Paco del Riego e que agora aparecen recollidas nun libro de cartas que Galaxia saca do prelo coa colaboración da Deputación da Coruña. Montse Pena e Dolores Vilavedra foron as encargadas da …

Unha novela con vistas

Na súa onda de escritor provocador, Jaureguizar volve a palestra o 21 de febrero de 2006 para presentar en Compostela a novela coa que acadou a última edición do Premio García Barros de novela: Cabaret Voltaire. Na Galería Sargadelos de Compostela e acompañado por Carlos Lema, responsable de edicións de Editorial Galaxia, Jaureguizar fala dunha …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR