Autor/a destacado/a:
Editorial Galaxia publica a antoloxía completa de Fiz Vergara Vilariño
16/09/19

Galaxia publica nestre tramo final do ano a antoloxía poética de Fiz Vergara Vilariño, escrita por Yago Rodríguez Yáñez. Un traballo necesario e unha gran escolma poética por parte do autor. Atopámonos ante un referente esencial, polo que hai que transitar para entender a nosa poesía actual. O poeta naceu e morreu na parroquia de Santalla de Lóuzara, no concello lugués de Samos (1953-1997). A súa poesía contiña un marcado carácter social, que foi derivando a un maior intimismo co tempo. Da súa primeira época destacan as obras Para vós (1971) e Encontro cos tiburóns (1973). A poesía paisaxística, amorosa e existencialista predomina dende Orfo de ti en terra adentro (1976). Desta tendencia son os poemarios Poeta muiñeiro á deriva (1982), Nos eidos da bremanza (Editorial Galaxia, 1990), Pastora de sorrisos (1993) e o póstumo Animal sen fel (1998). Formou parte do colectivo Cravo Fondo, xurdido en Santiago de Compostela en 1977. Foi un grupo poético que naceu cunha vontade renovadora, autodefinido como revolucionario, nacionalista e comprometido coa investigación creativa coa lingua e a literatura. Poetas da altura de Ramiro Fonte, Xesús Rábade Paredes, Xavier Rodríguez Barrio, Xulio López Valcárcel, Xesús Manuel Valcárcel, Helena Villar Janeiro e o propio Fiz Vergara Vilariño, dábanlle forma a esta sinerxía literaria. “Por Galicia, pola poesía, Cravo Fondo, verba nova para unha terra ceibe”. En 1977 publican Cravo Fondo, o seu único libro conxunto no que, en forma de manifesto, mostra a vontade de superación do socialrealismo epigonal, sen renunciar á historicidade nin caer no esteticismo. Saliéntase a necesidade de facer recitais non elitistas.  

Xosé Antonio Neira Cruz gaña o Premio Lecturas 2006

Este premio foi creado pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) co propósito de estimular a lectura e a imaxinación entre a infancia e a adolescencia e apoiar as actividades de animación á lectura que se realizan nas bibliotecas galegas, xa que son os propios lectores os que elixen os premiados. Nacido en …

"Spam", Premio Blanco Amor 2005, presentada en Neda

Na fermosa Casa das Palmeiras de Neda tivo lugar a presentación da novela gañadora do último Premio Blanco Amor, Spam de Francisco Castro, que como cada ano publica Galaxia. Ante a presencia de autoridades coma o Vicepresidente da Deputación da Coruña, Xaime Bello, e representantes do Concello de Cedeira, encargado da organización do premio na …

Presentación de "Xelamonite", de Luís Paradelo

Unha novela distinta, esixente e crítica. Unha nova aportación ao discurso literario galego, que agradece a aparición de voces novas. Moi poucas veces a literatura galega abordou esta cuestión. Nestas apreciacións coincidiron as tres persoas que participaron na presentación da novela Xelamonite, de Luís Paradelo: Carlos Fernández, Manuel Vidal Villaverde e o editor Carlos Lema. …

Álvaro Cunqueiro en Damasco

Coa presencia dalgunhas primeiras autoridades da República Árabe de Siria e unha importante representación das embaixadas de Cuba, Arxentina, Venezuela, Brasil e España, inaugurouse en Damasco a biblioteca "Alvaro Cunqueiro", nas novas instalacións que o Instituto Cervantes dispón na capital siria. En palabras do director do Instituto, o xornalista e poeta César Antonio Molina, que …

Ramón Villares ingresa na RAG

Nun acto solemne celebrado no paraninfo da Universidade de Santiago tivo lugar a lectura do discurso de ingreso de Ramón Villares, co título de "Fuga e retorno de Adrián Solovio. Sobre a educación sentimental dun intelectual galeguista", no que desde o punto de vista do historiador, se analiza a figura de Otero Pedrayo a partires …

Entrega do I Premio de Narrativa Breve Repsol YPF

O acto estivo presidido pola Secretaria Xeral de Política Lingüística Dna. María Sol López Martínez, o Director Delegado do Complexo Industrial de Repsol YPF A Coruña, D. Rafael Rubio Fernández e o Tenente de alcalde do Excmo. Concello de A Coruña, D. Carlos González Garcés. Esta primeira edición do Premio Narrativa Breve Repsol YPF, fallado …

Amigos, familiares e lectores acompañan a Xosé María Álvarez Cáccamo na presentación que Galaxia organizou das súas memorias.

"Nada volverá ser igual para min", asegura o escritor Xosé María Álvarez Cáccamo tras publicar Memoria de poeta, un percorrido polo seu propio pasado desde a perspectiva de alguén que se converteu nun dos nomes clave da poesía galega contemporánea. O libro, presentado en Vigo o 25 de maio de 2006 por Xavier Rodríguez Baixeras …

Editorial Galaxia presentou o número 170 da revista Grial, "Memoria do 36"

Grial. Memoria do 36 propón unha reflexión sobre a memoria e a relación que a sociedade mantén co seu pasado. Falar da memoria é falar dun territorio común que se constrúe no tempo, do diálogo que a sociedade mantén co seu pasado e que formula non dun xeito inocou, tampouco inocente, senón con intención e …

Editorial Galaxia presenta "O goberno do mundo"

Editorial Galaxia e a Fundación Carlos Casares queren poñer a disposición dos lectores as palabras pronunciadas nos II Encontros de Mondariz-Balneario, que tiveron lugar en setembro do ano 2004. A finalidade destes encontros é a de reunir xentes de distintas procedencias ideolóxicas e profesionais para discutir temas políticos e culturais de transcendencia internacional, nun ambiente …

Chega a época dos cogomelos

Co outono chega o momento de disfrutar dos cogomelos, un dos praceres da boa mesa. Seducen tanto polas súas formas suxerentes como polo seu excelente sabor.


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR