Autor/a destacado/a:
Editorial Galaxia publica a antoloxía completa de Fiz Vergara Vilariño
16/09/19

Galaxia publica nestre tramo final do ano a antoloxía poética de Fiz Vergara Vilariño, escrita por Yago Rodríguez Yáñez. Un traballo necesario e unha gran escolma poética por parte do autor. Atopámonos ante un referente esencial, polo que hai que transitar para entender a nosa poesía actual. O poeta naceu e morreu na parroquia de Santalla de Lóuzara, no concello lugués de Samos (1953-1997). A súa poesía contiña un marcado carácter social, que foi derivando a un maior intimismo co tempo. Da súa primeira época destacan as obras Para vós (1971) e Encontro cos tiburóns (1973). A poesía paisaxística, amorosa e existencialista predomina dende Orfo de ti en terra adentro (1976). Desta tendencia son os poemarios Poeta muiñeiro á deriva (1982), Nos eidos da bremanza (Editorial Galaxia, 1990), Pastora de sorrisos (1993) e o póstumo Animal sen fel (1998). Formou parte do colectivo Cravo Fondo, xurdido en Santiago de Compostela en 1977. Foi un grupo poético que naceu cunha vontade renovadora, autodefinido como revolucionario, nacionalista e comprometido coa investigación creativa coa lingua e a literatura. Poetas da altura de Ramiro Fonte, Xesús Rábade Paredes, Xavier Rodríguez Barrio, Xulio López Valcárcel, Xesús Manuel Valcárcel, Helena Villar Janeiro e o propio Fiz Vergara Vilariño, dábanlle forma a esta sinerxía literaria. “Por Galicia, pola poesía, Cravo Fondo, verba nova para unha terra ceibe”. En 1977 publican Cravo Fondo, o seu único libro conxunto no que, en forma de manifesto, mostra a vontade de superación do socialrealismo epigonal, sen renunciar á historicidade nin caer no esteticismo. Saliéntase a necesidade de facer recitais non elitistas.  

Harry Potter en galego

Para celebrar este lanzamento Editorial Galaxia organizou unha serie de actividades na FNAC da Coruña e na Casa do Libro de Vigo co fin de ofrecerlles aos harrypotólogos a posibilidade de compartir a espera do lanzamento dun xeito entretido. Unha hora antes da posta á venda da sétima entrega de Harry Potter tivo lugar un …

"As mulleres están en terra de ninguén"

"Eu vexo o feminismo como unha teoría crítica", explica Celia Amorós, "no sentido do sistema xénero-sexo, que eu prefiro chamar patriarcado, termo que aínda que agora está moi desacreditado, creo que nunca foi tan pertinente". María Xosé Agra e Dolores Vilavedra coordinan un número de GRIAL dende unha ollada decididamente feminista. Canda elas, participan como …

Libros galegos na Habana

Galicia era a invitada de honor, igual que o ano pasado o foi Arxentina e o vindeiro ano o será Chile. Exposicións sobre a historia da cultura galega e da presenza galega en Cuba, plástica e cine, concertos e lecturas públicas ocupan algunhas das principais instalacións da Habana e o recinto da feira, situado na …

Distribuidores e libreiros

Luz Picos, secretaria técnica da AGE, Asociación Galega de Editores, presentou aos invitados: Xesús Couceiro (Librería Couceiro), Tucho Calvo (Biblos. Clube de lectoros) e Cecilia Monllor (Librería Nós), e marcou o punto de inicio da mesa: vender libros hoxe, en Galicia. Para Xesús Couceiro, que abriu o turno de opinións, o mercado do libro en …

Tres novidades arredor de Xosé Mª Álvarez Blázquez

Carlos L. Bernárdez preparou para a colección LETRAS GALEGAS a Vida e obra de Xosé María Álvarez Blázquez, unha introdución á personalidade e ao contexto social e histórico da figura literaria á que este ano a Real Academia Galega dedica o Día das Letras. Trátase dun traballo miúdo, accesible para os estudantes de ensino medio …

O libro de mañá. Novas tecnoloxías e novas linguaxes

Desta vez foi Manolo Gago, director de culturagalega.org, quen moderou a marcha da mesa. Despois de apuntar algúns dos desafíos abertos polo tema, entre os que non son pequenos o cambio de lugar de lectura da páxina encadernada á superficie da pantalla, ou a absoluta preponderancia do software sobre un hardware en retirada, foi presentando …

Presentación de GRIAL en Madrid

O director da Casa de Galicia, o xornalista Alfonso Palomares, e o escritor Carlos Reigosa, colaborador de GRIAL e autor de Galaxia, foron os anfitrións. Henrique Monteagudo fixo unha exposición da historia da revista ao longo destas case que cinco décadas, cunha referencia especial aos primeiros Cadernos que se publicaron no ano 1951 e cuxa …

A Fundación Penzol renova e amplía o seu padroado

O fondo documental máis importante da cultura galega e do galeguismo inicia unha nova etapa con proxectos dinamizadores nestes campos. Mantendo sempre a vontade e a idea inicial do fundador de poñer o seu patrimonio ao servicio de estudosos e investigadores, preténdese unha ampliación dos seus obxectivos e dotar a institución de novos recursos (técnicos …

"Un home na escuridade"

O día 2 de setembro estará nas librerías a edición galega de Un home na escuridade, a nova novela de Paul Auster. A lingua galega participa dese xeito, a través de Editorial Galaxia, no lanzamento mundial desta novela, aínda inédita en lingua inglesa, que se publicará en galego ao mesmo tempo que Editorial Anagrama a …

FALECEU XOHÁN LEDO

Naceu en Ferrol o día 15 de outubro de 1917. Fillo dun militar de artillería, axiña tivo que trasladarse á Coruña, onde estudou o bacharelato. En 1933 iniciou os estudos de Medicina en Santiago de Compostela, rematados en 1943 por mor do tráxico paréntese da Guerra Civil, na que serviu de sanitario en varias frontes. …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR