Autor/a destacado/a:
Editorial Galaxia publica a antoloxía completa de Fiz Vergara Vilariño
16/09/19

Galaxia publica nestre tramo final do ano a antoloxía poética de Fiz Vergara Vilariño, escrita por Yago Rodríguez Yáñez. Un traballo necesario e unha gran escolma poética por parte do autor. Atopámonos ante un referente esencial, polo que hai que transitar para entender a nosa poesía actual. O poeta naceu e morreu na parroquia de Santalla de Lóuzara, no concello lugués de Samos (1953-1997). A súa poesía contiña un marcado carácter social, que foi derivando a un maior intimismo co tempo. Da súa primeira época destacan as obras Para vós (1971) e Encontro cos tiburóns (1973). A poesía paisaxística, amorosa e existencialista predomina dende Orfo de ti en terra adentro (1976). Desta tendencia son os poemarios Poeta muiñeiro á deriva (1982), Nos eidos da bremanza (Editorial Galaxia, 1990), Pastora de sorrisos (1993) e o póstumo Animal sen fel (1998). Formou parte do colectivo Cravo Fondo, xurdido en Santiago de Compostela en 1977. Foi un grupo poético que naceu cunha vontade renovadora, autodefinido como revolucionario, nacionalista e comprometido coa investigación creativa coa lingua e a literatura. Poetas da altura de Ramiro Fonte, Xesús Rábade Paredes, Xavier Rodríguez Barrio, Xulio López Valcárcel, Xesús Manuel Valcárcel, Helena Villar Janeiro e o propio Fiz Vergara Vilariño, dábanlle forma a esta sinerxía literaria. “Por Galicia, pola poesía, Cravo Fondo, verba nova para unha terra ceibe”. En 1977 publican Cravo Fondo, o seu único libro conxunto no que, en forma de manifesto, mostra a vontade de superación do socialrealismo epigonal, sen renunciar á historicidade nin caer no esteticismo. Saliéntase a necesidade de facer recitais non elitistas.  

FALECEU XOHÁN LEDO

Naceu en Ferrol o día 15 de outubro de 1917. Fillo dun militar de artillería, axiña tivo que trasladarse á Coruña, onde estudou o bacharelato. En 1933 iniciou os estudos de Medicina en Santiago de Compostela, rematados en 1943 por mor do tráxico paréntese da Guerra Civil, na que serviu de sanitario en varias frontes. …

A narrativa europea en galego

A obra de Daniel Kehlmann, A medición do mundo, auténtico acontecemento das letras alemanas, da que se levan vendidos case 700.000 exemplares, acaba de presentarse tamén en castelán e en catalán, practicamente ao mesmo tempo que a edición galega, traducida por Patricia Buján. As outras dúas aínda non teñen versión noutras linguas do estado, anuncian …

Os máis vendidos no 2006

Paul Auster ten na liña de saída o seu próximo libro, Viaxes no scriptorium, que Editorial Galaxia publicará inmediatamente en galego, antes da primavera, mentres que Domingo Villar, que se estreou con éxito hai non máis de seis meses, anuncia a próxima entrega do inspector Caldas quizais contra o outono. Paul Auster e Domingo Villar …

"O armiño dorme" entre os dez mellores libros de literatura xuvenil do mundo

O Banco del Libro de Venezuela -institución sen ánimo de lucro con prestixio internacional dedicada á elaboración de plans de fomento de lectura, estudos sobre prácticas lectoras e control de calidade do material elaborado para nenos e mozos en todo o mundo- acaba de facer pública a selección correspondente a 2006 na que, segundo o …

Homenaxe a Xohán Ledo

Xohán Ledo asumiu a imaxe gráfica da Editorial Galaxia dende 1950 ata ben andada a década dos 80. As súas cubertas, o deseño interior dos libros, as ilustracións das coleccións de Galaxia adquiren nese período unha significación especial. Xunto con Luís Seoane no exilio, Xohán Ledo é o gran innovador da imaxe gráfica do libro …

John Rutherford, Premio Trasalba 2007

A Fundación Otero Pedrayo quere enaltecer, na figura de John Rutherford, a tradición e o traballo dos profesores que, sen seren de nación galega, veñen traballando polo coñecemento e a difusión da nosa lingua, da nosa literatura e da nosa cultura no mundo, proxectándonos cara á universalidade, tal que preconizaban os pais do galeguismo. Nesa …

Editorial Galaxia amplía as súas instalacións

Dende o ano 1951 Editorial Galaxia atendía ao seu público, autores e colaboradores nos locais da rúa Reconquista, 1, entrechán, na cidade de Vigo. Alí medrou a editora da man de Francisco Fernández del Riego e Xaime Isla Couto (coa dirección literaria de Ramón Piñeiro dende Santiago de Compostela) e posteriormente con Carlos Casares, ata …

Xosé María Álvarez Blázquez en Galaxia

Editorial Galaxia publicará nos próximos meses unha biografía e unha antoloxía poética de Xosé María Álvarez Blázquez. Tamén recuperaremos, na colección DOMBATE, a súa obra máis significativa, Canle segredo, e varios inéditos do autor, entre eles a súa narrativa galega completa. A figura de Xosé María Álvarez Blázquez ofrece unha chea de posibilidades: poeta, narrador …

Os enigmas de "O reino ideal"

É un concurso para premiar as mellores creacións de xogos enigmísticos. Cada trimestre haberá como premio un libro, agasallo de Editorial Galaxia, para un alumno de cada categoría (A: primaria e 1º de ESO; B: 2º, 3º e 4º de ESO). Visitade a páxina en: www.blogoteca.com/buli/ para saber como participar ou para mellorar os vosos …

Anxos Sumai gaña o II Premio de Narrativa Breve Repsol YPF

Xosé Luís Axeitos Agrelo, que exerceu de voceiro e leu o fallo do xurado, destacou o labor rigoroso do xurado que mantivo un intenso debate e que finalmente acordou conceder o premio á obra de Sumai, cualificándoa como "novela de memoria", "moi ben escrita, perfeccionista", e engadiu que "chamou a atención a todos os membros …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR