Autor/a destacado/a:
Editorial Galaxia publica a antoloxía completa de Fiz Vergara Vilariño
16/09/19

Galaxia publica nestre tramo final do ano a antoloxía poética de Fiz Vergara Vilariño, escrita por Yago Rodríguez Yáñez. Un traballo necesario e unha gran escolma poética por parte do autor. Atopámonos ante un referente esencial, polo que hai que transitar para entender a nosa poesía actual. O poeta naceu e morreu na parroquia de Santalla de Lóuzara, no concello lugués de Samos (1953-1997). A súa poesía contiña un marcado carácter social, que foi derivando a un maior intimismo co tempo. Da súa primeira época destacan as obras Para vós (1971) e Encontro cos tiburóns (1973). A poesía paisaxística, amorosa e existencialista predomina dende Orfo de ti en terra adentro (1976). Desta tendencia son os poemarios Poeta muiñeiro á deriva (1982), Nos eidos da bremanza (Editorial Galaxia, 1990), Pastora de sorrisos (1993) e o póstumo Animal sen fel (1998). Formou parte do colectivo Cravo Fondo, xurdido en Santiago de Compostela en 1977. Foi un grupo poético que naceu cunha vontade renovadora, autodefinido como revolucionario, nacionalista e comprometido coa investigación creativa coa lingua e a literatura. Poetas da altura de Ramiro Fonte, Xesús Rábade Paredes, Xavier Rodríguez Barrio, Xulio López Valcárcel, Xesús Manuel Valcárcel, Helena Villar Janeiro e o propio Fiz Vergara Vilariño, dábanlle forma a esta sinerxía literaria. “Por Galicia, pola poesía, Cravo Fondo, verba nova para unha terra ceibe”. En 1977 publican Cravo Fondo, o seu único libro conxunto no que, en forma de manifesto, mostra a vontade de superación do socialrealismo epigonal, sen renunciar á historicidade nin caer no esteticismo. Saliéntase a necesidade de facer recitais non elitistas.  

Grial incorpora o Anuario de Estudos Literarios Galegos ao seu proxecto.

O Anuario Literario, que nesta nova etapa dirixe Dolores Vilavedra, actualízase logo de once anos de publicación ininterrompida. Os obxectivos dos evidentes cambios na maqueta, á parte de adecuárense á imaxe corporativa de Grial, procuran, en palabras da súa directora "facilitar o acceso do lector á información" e lograr que a publicación sexa máis efectiva …

Tamén en letras galegas

A tradución sobre todos das obras clásicas, constitúe unha das principais materias pendentes da literatura galega, segundo puxo de manifesto o director de Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes. De Romeo e Xulieta a Crime e castigo, pasando por As ondas ou os mellores poetas de Inglaterra e Francia, as referencias máis indiscutibles da historia da …

Anxos Sumai publicará en Galaxia unha segunda entrega dos seus diarios en Internet

A escritora Anxos Sumai prepara Melodía de días usados, a segunda entrega impresa do seu diario na rede. A autora editara xa Anxos da garda, que gañou o Premio da Crítica e acadou unha segunda edición, no que se recollía a crónica de sete meses do 2003 na súa vida, que fora publicando na web …

O Premio Manuel Murguía 2002 é o testemuño dunha correspondencia mantida ao longo de cincuenta anos polos membros dunha familia de emigrantes galegos en América

Por fin está publicada. É a obra gañadora do Premio Manuel Murguía 2002: As Cartas do Destino. Onte presentouse esta publicación na Deputación Provincial de A Coruña. Os seus gañadores, os mestres Xosé Manoel Núñez Seixas e Raúl Soutelo levaron a cabo unha labor historiográfica para realizala. Basada na correspondencia real que mantiveron alén 50 …

Galaxia presenta un novo volume da súa colección Biblioteca de Teatro

Malia ter xa publicados sete títulos, aproveitouse esta ocasión para presentar publicamente a colección, subdividida en dúas series, unha de manuais e outra de breviarios. A Casa da Cultura Galega foi a sede escollida para o acto no que Análise e intepretación de textos dramáticos. Unha introdución presentouse como unha aposta de futuro. Baixo unhas …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR