Autor/a destacado/a:
Editorial Galaxia publica a antoloxía completa de Fiz Vergara Vilariño
16/09/19

Galaxia publica nestre tramo final do ano a antoloxía poética de Fiz Vergara Vilariño, escrita por Yago Rodríguez Yáñez. Un traballo necesario e unha gran escolma poética por parte do autor. Atopámonos ante un referente esencial, polo que hai que transitar para entender a nosa poesía actual. O poeta naceu e morreu na parroquia de Santalla de Lóuzara, no concello lugués de Samos (1953-1997). A súa poesía contiña un marcado carácter social, que foi derivando a un maior intimismo co tempo. Da súa primeira época destacan as obras Para vós (1971) e Encontro cos tiburóns (1973). A poesía paisaxística, amorosa e existencialista predomina dende Orfo de ti en terra adentro (1976). Desta tendencia son os poemarios Poeta muiñeiro á deriva (1982), Nos eidos da bremanza (Editorial Galaxia, 1990), Pastora de sorrisos (1993) e o póstumo Animal sen fel (1998). Formou parte do colectivo Cravo Fondo, xurdido en Santiago de Compostela en 1977. Foi un grupo poético que naceu cunha vontade renovadora, autodefinido como revolucionario, nacionalista e comprometido coa investigación creativa coa lingua e a literatura. Poetas da altura de Ramiro Fonte, Xesús Rábade Paredes, Xavier Rodríguez Barrio, Xulio López Valcárcel, Xesús Manuel Valcárcel, Helena Villar Janeiro e o propio Fiz Vergara Vilariño, dábanlle forma a esta sinerxía literaria. “Por Galicia, pola poesía, Cravo Fondo, verba nova para unha terra ceibe”. En 1977 publican Cravo Fondo, o seu único libro conxunto no que, en forma de manifesto, mostra a vontade de superación do socialrealismo epigonal, sen renunciar á historicidade nin caer no esteticismo. Saliéntase a necesidade de facer recitais non elitistas.  

Dolores Ruiz gaña o Blanco Amor coa novela [i]A illa ignorada[/i]

A illa ignorada é a primeira novela para público adulto desta escritora ata agora coñecida pola súa produción de literatura infantil. Deuse a coñecer en 1998 ao gañar o Premio Barco de Vapor con A lenda do capitán Miñoca, o seu debut. En Editorial Galaxia ten publicado o seu libro Historia do bico Simón. Ademais …

Falece o destacado galeguista Agustín Sixto Seco

A capela ardente está instalada na igrexa de San Domingos de Bonaval. Mañá venres celebrarase o funeral na igrexa de San Francisco, en Santiago de Compostela, para logo ser soterrado no cemiterio de Boisaca. Tralo seu pasamento, numerosos representantes da cultura e da sociedade galega expresaron o seu pesar polo pasamento do intelectual galeguista. Ademais …

A Editorial Galaxia ten previsto publicar 116 títulos novos en 2005

É o caso do cumprimento do cincuenta aniversario da aparición de Merlín e familia, libro clave na obra de Álvaro Cunqueiro e da narrativa galega. Para conmemorar este aniversario Galaxia editará un volume ilustrado por artistas e debuxantes. Tamén o centenario do nacemento de Antón Fraguas, que foi cronista xeral de Galicia, lembrarase coa edición …

A lingüista Teresa Moure gaña a cuarta convocatoria do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2004

Recuperar e facer realidade a case utópica tentativa dunha lingua de uso internacional -alternativa ao inglés- é o babélico proxecto que baralla a lingüista Teresa Moure no seu ensaio, Outro idioma é posible, gañador por unanimidade do IV Premio Ramón Piñeiro de Ensaio que promoven Unión Fenosa e a Editorial Galaxia e que se resolveu …

Un carballo para Vicente Risco

Dende onte un carballo recorda a Vicente Risco, ao home e ao escritor, na Alameda de Ourense. Esta árbore era unha das favoritas do ourensán e esa preferencia foi unha das cousas que aprenderon sobre a súa figura os preto de douscentos rapaces que participaron na plantación do carballo nun acto organizado pola Editorial Galaxia …

Un futuro feminino sen xeraquías

Feminino e plural. Deste xeito poderíase definir o conxunto de ensaios que a poeta compostelá María do Cebreiro acaba de dar á luz no primeiro trimestre do 2005 e que publica Editorial Galaxia baixo o título evocador de As terceiras mulleres. A autora que presenta este traballo en Vigo, Santiago e Barcelona, imaxina na obra …

Os premios da crítica distinguen as apostas de Constela e Fernán Vello

Os Premios da Crítica Española dintinguiron, no seu apartado de lingua galega, dúas obras que representan apostas distintas nas traxectorias dos seus autores. Na modalidade de poesía o galardón recaeu en Territorios da desaparición, de Miguel Anxo Fernán Vello publicado en Galaxia, mentres que en narrativa o premio foi para As humanas proporcións, de Xesús …

Moralejo presenta o libro de vivencias escritas no río

Esta obra, como aclara o propio autor nunha nota introdutoria, non é un libro técnico para aprender a pescar troitas nin unha obra literaria. É, segundo o profesor Moralejo, "un libro escrito no río, vivencias, ocorrencias, experiencias e outras encias da mañá pasada no Tambre ou en Pontedeume, o día que picaron ou que non, …

Fernández del Riego recolle o Premio Blanco Torres "máis merecido"

Del Riego agradeceu o recoñecemento que este galardón supón aos artigos que asinou o ano pasado, destacou que foi precisamente nas páxinas do xornal que Blanco Torres dirixiu en Pontevedra onde publicou as súas primeiras liñas xornalísticas, hai xa 75 anos. Estes primeiros traballos, marcados por unha tinxidura "combativa e ideolóxica", apuntou, deixarían paso anos …

Editorial Galaxia inaugura a exposición: [i]Travesías. Galicia terra de navegantes[/i] con sede en Vigo, Pontevedra e Ferrol

Travesías é unha exposición multicéntrica que nos fala de tres viaxes oceánicas vinculadas estreitamente con Galicia, mergúllase no mundo do mar dun xeito didáctico e ameno, para mostrar a evolución do coñecemento náutico ao longo dos tempos. Pretende que o visitante integre na súa memoria histórica as relacións que as xentes do pasado estableceron co …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR