Autor/a destacado/a:
Editorial Galaxia publica a antoloxía completa de Fiz Vergara Vilariño
16/09/19

Galaxia publica nestre tramo final do ano a antoloxía poética de Fiz Vergara Vilariño, escrita por Yago Rodríguez Yáñez. Un traballo necesario e unha gran escolma poética por parte do autor. Atopámonos ante un referente esencial, polo que hai que transitar para entender a nosa poesía actual. O poeta naceu e morreu na parroquia de Santalla de Lóuzara, no concello lugués de Samos (1953-1997). A súa poesía contiña un marcado carácter social, que foi derivando a un maior intimismo co tempo. Da súa primeira época destacan as obras Para vós (1971) e Encontro cos tiburóns (1973). A poesía paisaxística, amorosa e existencialista predomina dende Orfo de ti en terra adentro (1976). Desta tendencia son os poemarios Poeta muiñeiro á deriva (1982), Nos eidos da bremanza (Editorial Galaxia, 1990), Pastora de sorrisos (1993) e o póstumo Animal sen fel (1998). Formou parte do colectivo Cravo Fondo, xurdido en Santiago de Compostela en 1977. Foi un grupo poético que naceu cunha vontade renovadora, autodefinido como revolucionario, nacionalista e comprometido coa investigación creativa coa lingua e a literatura. Poetas da altura de Ramiro Fonte, Xesús Rábade Paredes, Xavier Rodríguez Barrio, Xulio López Valcárcel, Xesús Manuel Valcárcel, Helena Villar Janeiro e o propio Fiz Vergara Vilariño, dábanlle forma a esta sinerxía literaria. “Por Galicia, pola poesía, Cravo Fondo, verba nova para unha terra ceibe”. En 1977 publican Cravo Fondo, o seu único libro conxunto no que, en forma de manifesto, mostra a vontade de superación do socialrealismo epigonal, sen renunciar á historicidade nin caer no esteticismo. Saliéntase a necesidade de facer recitais non elitistas.  

Rábade Paredes presenta o Premio Blanco Amor 2006

Mentres a herba medra, de Xesús Rábade Paredes (Seixas-Cospeito, Lugo, 1949) é o XXV Premio Blanco Amor, prestixioso galardón que en 1981 gañou por primeira vez A vila asulagada de Daniel Cortezón e que, ao longo deste cuarto de século, reúne algúns dos nomes máis significativos da novelística galega contemporánea. O Premio Blanco Amor é, …

Editorial Galaxia e EL PAIS prantan 22 árbores

A iniciativa nace da colaboración entre a edición galega do xornal e Editorial Galaxia, a prol da difusión masiva de títulos de literatura dirixidos aos lectores máis novos, co patrocinio de Caixanova e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. A colección Árbore, que dirixe o escritor Xosé Antonio Neira Cruz, dispón dunha tipoloxía específica para …

Exposición-Homenaxe a Xohán Ledo

Co patrocinio da Consellaría de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, o Xacobeo e o Ministerio de Cultura, e mais coa colaboración do Concello de Vigo (Concellería de Cultura) e a Fundación Caixa Galicia, presentamos a vida e a obra dun dos grandes creadores da edición despois da guerra civil, moi principalmente dende os …

Primeira mesa redonda do ciclo "As caras do libro"

Este ciclo de mesas redondas é unha actividade complementaria á exposición de homenaxe a Ricardo García Suárez, Xohán Ledo, aberta dende o pasado día 20 no Museo Municipal de Vigo ‘Quiñones de León’, no Pazo de Castrelos, que poderá ser visitada ata o 20 de xaneiro do vindeiro ano. Ambos eventos están organizados por Editorial …

Cea literaria "García Barros"

Os novelistas Xerardo AgraFoxo, Alfonso Álvarez Cáccamo, Francisco Castro, Manuel Darriba, Jaureguizar, Xosé Monteagudo, Antón Riveiro Coello, Séchu Sende e Anxos Sumai, na compaña do crítico literario Xosé Manuel Eyré e mais dos editores Víctor F. Freixanes e Carlos Lema, que se encargou de conducir o debate, mantiveron un coloquio sobre "Ficción e verosemellanza: da …

Anxos Sumai e Séchu Sende, premiados na Noite da Edición

Arredor de trescentas persoas participaron na velada, na que se homenaxeou de xeito especial a tres editoras galegas que cumpren anos nestas datas: Biblioteca Gallega, de La Voz de Galicia, Editorial Alvarellos e A Nosa Terra. A cea literaria celebrouse na Casa dos Peixes, na cidade da Coruña. Ademais destes galardóns, concedéronse premios a Xavier …

Fallo do Premio Ramón Piñeiro 2007

O ensaio premiado nesta sétima edición do Premio Ramón Piñeiro, que está dotado con 6.000 euros e ha ser publicado por Editorial Galaxia o próximo ano, aborda o tema da paisaxe e a súa estreita relación coa cuestión identitaria, fundamental no caso da sociedade e da cultura galegas. María López Sández, que é doutora en …

Carlos Lema obtén o Premio de Poesía Johán Carballeira

O xurado, formado por Miro Villar, Antía Otero e Paco Souto, concedeu o premio por unanimidade e salientou a "solidez da construción e elaboración" do orixinal premiado e a "riqueza que amosa polo diálogo intercultural e intertextual co discurso contemporáneo". O poemario premiado está formado por unha composición central, que dá título ao libro e …

Galaxia presentou o Premio Novela Europea 2006

Organizado polo Casino de Santiago de Compostela, o Premio Novela Europea consolídase definitivamente como porta de entrada da narrativa estranxeira traducida para o galego coa publicación de Non me deixes nunca, a novela coa que Kazuo Ishiguro obtivo este galardón na edición do ano 2006. Editorial Galaxia, en colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello …

O novo Premio Ramón Piñeiro

A partir da sinatura deste convenio unifícanse os dous premios de ensaio Ramón Piñeiro que existían ata o de agora, dando lugar ao premio máis importante dos dedicados ao ensaio en Galicia, dotado con 6.000 euros e a publicacion da obra gañador por Editorial Galaxia. Marisol López, Secretaria Xeral de Política Lingüística, Luís Díaz, Director …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR