Autor/a destacado/a:
Editorial Galaxia publica a antoloxía completa de Fiz Vergara Vilariño
16/09/19

Galaxia publica nestre tramo final do ano a antoloxía poética de Fiz Vergara Vilariño, escrita por Yago Rodríguez Yáñez. Un traballo necesario e unha gran escolma poética por parte do autor. Atopámonos ante un referente esencial, polo que hai que transitar para entender a nosa poesía actual. O poeta naceu e morreu na parroquia de Santalla de Lóuzara, no concello lugués de Samos (1953-1997). A súa poesía contiña un marcado carácter social, que foi derivando a un maior intimismo co tempo. Da súa primeira época destacan as obras Para vós (1971) e Encontro cos tiburóns (1973). A poesía paisaxística, amorosa e existencialista predomina dende Orfo de ti en terra adentro (1976). Desta tendencia son os poemarios Poeta muiñeiro á deriva (1982), Nos eidos da bremanza (Editorial Galaxia, 1990), Pastora de sorrisos (1993) e o póstumo Animal sen fel (1998). Formou parte do colectivo Cravo Fondo, xurdido en Santiago de Compostela en 1977. Foi un grupo poético que naceu cunha vontade renovadora, autodefinido como revolucionario, nacionalista e comprometido coa investigación creativa coa lingua e a literatura. Poetas da altura de Ramiro Fonte, Xesús Rábade Paredes, Xavier Rodríguez Barrio, Xulio López Valcárcel, Xesús Manuel Valcárcel, Helena Villar Janeiro e o propio Fiz Vergara Vilariño, dábanlle forma a esta sinerxía literaria. “Por Galicia, pola poesía, Cravo Fondo, verba nova para unha terra ceibe”. En 1977 publican Cravo Fondo, o seu único libro conxunto no que, en forma de manifesto, mostra a vontade de superación do socialrealismo epigonal, sen renunciar á historicidade nin caer no esteticismo. Saliéntase a necesidade de facer recitais non elitistas.  

Músicos e poetas en Trasalba

Chus Pato, María do Cebreiro, Víctor Cambio e Manuel Vilanova foron as voces da poesía, presentados todos por Marcos Valcárcel. Poemas editados e algúns textos inéditos, de próxima aparición. Abe Rábade Trío encargouse da parte musical, cun concerto de cinco temas máis unha propina. Entre os temas salientou sobre todo Campo da Estrela, dedicado á …

Homenaxe a Bernardino Graña, que cumpriu 75 anos

Bernardino Graña (Cangas do Morrazo, 1932) é unha das figuras sobranceiras da cultura e as letras galegas. A súa obra é extensa e variada: Poema do home que quixo vivir (1959), Profecía do mar (1966), Nin vexo Vigo nin Cangas (1975), Se o noso amor e os peixes… (1981), Simacima do voar tolo (1984), Himno …

Murado presentou "O soño da febre"

O novo libro de Miguel Anxo Murado chega logo de máis de seis anos desde a publicación da súa última obra narrativa. O soño da febre, que Editorial Galaxia publica na colección Literaria, parte dun episodio real da vida do autor e vai presentando unha galería de historias sorprendentes presididas pola pantasma da febre. Miguel …

O Premio Nobel Orhan Pamuk editarase tamén en galego

A nova novela de Orhan Pamuk, na que o escritor aínda está a traballar, titúlase O museo da inocencia. Desenvólvese na cidade de Estambul, marco habitual das súas obras, entre 1975 e os derradeiros anos do século XX, e conta a historia de Kemal, fillo dunha das familias máis ricas da cidade, e do seu …

Francisco Castro gaña o García Barros 2007

O xoves 12 de xullo de 2007 tivo lugar o fallo do XIX Premio de Novela Manuel García Barros (Ken Keirades) do Concello da Estrada, nun acto para os medios de comunicación no que unha vez aberta a plica se deu a coñecer o nome de Francisco Castro como gañador da convocatoria deste ano 2007. …

Un Eduardo Blanco Amor inédito

En coedición co Pen Clube de Galicia, Editorial Galaxia vén de publicar a obra poética de carácter amoroso, escrita en castelán por Eduardo Blanco Amor, obra profundamente marcada pola emoción dos afectos e mesmo pola pulsión erótica. Baixo o título xenérico de Ars Amandi, reúnense poemas e libros inéditos, escritos en distintas épocas, que van …

Alfredo Conde recrea a figura histórica de María Pita

María das Batallas. Segundo explica o autor, o título procede dun verso de Lorenzo Varela. Lemos na páxina 271: "Claro que tivo sorte a miña nai, toda a do mundo (…) Foi unha gran muller. Pero a súa gran fazaña non consistiu en lle arrear un pau a un invasor nunha arroutada, senón a batalla …

Primeiro libro de Oriana Méndez

Acompañada dos seus amigos, moitos deles membros das Redes Escarlata e, sobre todo, lectores da nova poesía que se está a facer en Galicia, Oriana Méndez (Vigo, 1984) presentou en Santiago de Compostela o seu primeiro libro: Derradeiras conversas co capitán Kraft, publicado na colección DOMBATE. Un libro sorprendentemente maduro, segundo as intervencións dos presentadores: …

Europa e a Xeración Nós, ata o 25 de xullo

A exposición está producida por MERLÍN COMUNICACIÓN e organizada pola Fundación Otero Pedrayo e Presidencia da Xunta de Galicia e conta tamén co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e mais da Fundación Galicia Europa e a colaboración do Museo do Pobo Galego e o Concello de …

Xuño das letras na librería Trama

Velaquí a relación dos actos organizados por Editorial Galaxia que terán lugar ao longo deste mes na librería Trama (Avenida da Coruña, 21. Lugo): – Martes 12, ás 18.30 horas, contacontos a cargo de Ana Carreira. – Martes 19, ás 18.30 horas, obradoiro de debuxo para nenos e nenas por Noemí López. – Martes 26, …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR