Autor/a destacado/a:
Editorial Galaxia publica a antoloxía completa de Fiz Vergara Vilariño
16/09/19

Galaxia publica nestre tramo final do ano a antoloxía poética de Fiz Vergara Vilariño, escrita por Yago Rodríguez Yáñez. Un traballo necesario e unha gran escolma poética por parte do autor. Atopámonos ante un referente esencial, polo que hai que transitar para entender a nosa poesía actual. O poeta naceu e morreu na parroquia de Santalla de Lóuzara, no concello lugués de Samos (1953-1997). A súa poesía contiña un marcado carácter social, que foi derivando a un maior intimismo co tempo. Da súa primeira época destacan as obras Para vós (1971) e Encontro cos tiburóns (1973). A poesía paisaxística, amorosa e existencialista predomina dende Orfo de ti en terra adentro (1976). Desta tendencia son os poemarios Poeta muiñeiro á deriva (1982), Nos eidos da bremanza (Editorial Galaxia, 1990), Pastora de sorrisos (1993) e o póstumo Animal sen fel (1998). Formou parte do colectivo Cravo Fondo, xurdido en Santiago de Compostela en 1977. Foi un grupo poético que naceu cunha vontade renovadora, autodefinido como revolucionario, nacionalista e comprometido coa investigación creativa coa lingua e a literatura. Poetas da altura de Ramiro Fonte, Xesús Rábade Paredes, Xavier Rodríguez Barrio, Xulio López Valcárcel, Xesús Manuel Valcárcel, Helena Villar Janeiro e o propio Fiz Vergara Vilariño, dábanlle forma a esta sinerxía literaria. “Por Galicia, pola poesía, Cravo Fondo, verba nova para unha terra ceibe”. En 1977 publican Cravo Fondo, o seu único libro conxunto no que, en forma de manifesto, mostra a vontade de superación do socialrealismo epigonal, sen renunciar á historicidade nin caer no esteticismo. Saliéntase a necesidade de facer recitais non elitistas.  

A policía franquista informa sobre Voces Ceibes

O texto, asinado na Coruña o 15 de xaneiro de 1970, vai dirixido á Dirección General de Seguridad en Madrid, ao gobernador da provincia e á Comisaría General de Investigación Social. Nel dase conta do nacemento e das primeiras manifestacións dos compoñentes de Voces Ceibes, que como tal grupo se presentara por primeira vez na …

Eva Almazán e Rodríguez Baixeras, premiados pola Asociación de Escritores en Lingua Galega

En Santiago de Compostela, nunha cea literaria ben concorrida, entregáronse os devanditos premios, resultado das sucesivas votacións realizadas polos asociados na AELG. No apartado de tradución foi elixido o traballo de Eva Almazán: Brooklyn Follies de Paul Auster. Entre os finalistas salientou a tradución de Molloy de Samuel Becket (Clásicos Universais), realizada por Anxo Rei …

Europa e a Xeración Nós

O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, inaugurou en Santiago de Compostela (Museo do Pobo Galego) e na Casa Grande de Cimadevila (Trasalba), sede da Fundación Otero Pedrayo, as conmemoracións do Día de Europa cunha homenaxe á memoria histórica e á significación europeísta da Xeración Nós. Trátase dunha viaxe histórica polos sinais de …

Unha empresa sen precedentes

Isaac Díaz Pardo, Antón Mascato e Víctor F. Freixanes salientaron diante dos medios de comunicación as características da obra, resultado de máis de cinco anos de traballo e un importante esforzo de colaboración entre as tres empresas editoras: 45.000 biografías, topónimos e nomes propios; 4.500 fotografías a color; 850 planos e mapas; 425 debuxos e …

Un diagnóstico da situación

Na Escola de Administración Pública Galega, nun acto presidido polo conselleiro de Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu, os xornalistas tiveron oportunidade de debatir cos autores algúns dos puntos críticos da actual situación económica de Galicia, nun animado cambio de impresións que se prolongou durante case dúas horas. "A realidade da economía galega necesita ser rescrita …

Ceferino

Presentación do Premio Repsol de narrativa breve

Miguel Sande procede da poesía e do teatro. Esta é a súa primeira incursión na narrativa de ficción. Incursión con éxito. Se algún día unha muller morta, que recibiu o Premio REPSOL de Narrativa Breve na súa primeira edición, está a obter unha excelente acollida tanto de crítica coma de público. No Kiosco Alfonso da …

Galaxia e a Fundación Casares

Editorial Galaxia e a Fundación Carlos Casares queren poñer a disposición dos lectores as palabras pronunciadas nos III Encontros de Mondariz-Balneario, que tiveron lugar en setembro do ano 2005. A finalidade destes encontros é a de reunir xentes de distintas procedencias ideolóxicas e profesionais para discutir temas políticos e culturais de transcendencia internacional, nun ambiente …

Villares


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR