Autor/a destacado/a:
Editorial Galaxia publica a antoloxía completa de Fiz Vergara Vilariño
16/09/19

Galaxia publica nestre tramo final do ano a antoloxía poética de Fiz Vergara Vilariño, escrita por Yago Rodríguez Yáñez. Un traballo necesario e unha gran escolma poética por parte do autor. Atopámonos ante un referente esencial, polo que hai que transitar para entender a nosa poesía actual. O poeta naceu e morreu na parroquia de Santalla de Lóuzara, no concello lugués de Samos (1953-1997). A súa poesía contiña un marcado carácter social, que foi derivando a un maior intimismo co tempo. Da súa primeira época destacan as obras Para vós (1971) e Encontro cos tiburóns (1973). A poesía paisaxística, amorosa e existencialista predomina dende Orfo de ti en terra adentro (1976). Desta tendencia son os poemarios Poeta muiñeiro á deriva (1982), Nos eidos da bremanza (Editorial Galaxia, 1990), Pastora de sorrisos (1993) e o póstumo Animal sen fel (1998). Formou parte do colectivo Cravo Fondo, xurdido en Santiago de Compostela en 1977. Foi un grupo poético que naceu cunha vontade renovadora, autodefinido como revolucionario, nacionalista e comprometido coa investigación creativa coa lingua e a literatura. Poetas da altura de Ramiro Fonte, Xesús Rábade Paredes, Xavier Rodríguez Barrio, Xulio López Valcárcel, Xesús Manuel Valcárcel, Helena Villar Janeiro e o propio Fiz Vergara Vilariño, dábanlle forma a esta sinerxía literaria. “Por Galicia, pola poesía, Cravo Fondo, verba nova para unha terra ceibe”. En 1977 publican Cravo Fondo, o seu único libro conxunto no que, en forma de manifesto, mostra a vontade de superación do socialrealismo epigonal, sen renunciar á historicidade nin caer no esteticismo. Saliéntase a necesidade de facer recitais non elitistas.  

O VI Premio de Ensaio Ramón Piñeiro dobra a súa dotación

Un xurado constituido por persoas cualificadas do mundo da cultura, a comunicación e o pensamento elixirá no mes de decembro o VI Premio de Ensaio Ramón Piñeiro, que convoca a Editorial Galaxia en colaboración con Unión Fenosa. Na presentación de O suxeito posmoderno. Entre a estética e o consumo, de Rebeca Baceiredo, que tivo lugar …

Conclusións do III Simposio da Edición

Especialistas, técnicos e estudosos da lectura pública participaron nas mesas redondas e nos debates, cunha importante afluencia de xente. A conclusión principal foi que a lectura pública é unha necesidade urxente, cuestión fundamental para homologar a realidade galega (e española) ás medias dos países desenvolvidos de Europa. A continuación a relación completa das conclusións deste …

Homenaxe a Antía Cal

Presentáronse as memorias de Antía Cal, recentemente publicadas en Galaxia co título de Este camiño que fixemos xuntos. A protagonista deste libro, e desta homenaxe, é unha muller que dedicou os seus esforzos á educación a ao ensino. Antía Cal Vázquez foi unha das introdutoras en Galicia das novas tendencias pedagóxicas durante a dictadura franquista. …

Falar de Deus, falar dos homes

Carlos Fernández, membro do Consello de Redacción de GRIAL e coordinador deste número, presentou o tema e os colaboradores. "Non se trata de discutir a existencia ou non existencia de Deus", explicou, "cuestión que pertence ao territorio do privado, senón de reflexionar sobre a figura do Deus Único, o Deus das tres relixións do libro …

María Mariño en Galaxia

A obra literaria de María Mariño vese especialmente marcada pola súa traxectoria biográfica e as súas vivencias. A intensa maneira de sentir o paso do tempo e a paisaxe das serras do Courel, coas que conviviu durante anos, transformándose nos principais eixes dunha obra poética coa que a escritora consegue transmitir o gran desacougo vital …

Unha historia na cidade de Oliveira

Coa presencia das primeiras autoridades entregouse na vila da Estrada (Pontevedra) o Premio que leva o nome de Manuel García Barros, que na súa XVIII edición correspondeu ao xornalista e novelista Manuel Veiga (Monforte de Lemos, 1960) pola obra Lois e Helena buscándose un día de tormenta. O premio García Barros converteuse, ao longo destes …

Luz nos ollos

A luz que esta nena do estado de Kartnataka, na Unión India, ten nos ollos capturouna na súa cámara a fotógrafa galega Laura Lizancos. Editorial Galaxia prepara un libro de fotografías desta artista, centradas todas "no mundo dos outros mundos", onde tamén existe a beleza e alampea, malia todo, un lume de esperanza. Queremos compartir …

Xa está na rúa a nova novela de Paul Auster

Un home, vello e só, está sentado nun cuarto no que hai unha ventá e unha porta, unha cama, un escritorio e unha cadeira. Non ten lembranzas. Tampouco sabe se pode saír ou non. Arredor hai apenas uns poucos obxectos: unhas fotos vagamente familiares, catro montóns de folios e unha serie de etiquetas con algunha …

O Corto Maltés, en galego

Quizais lle fixese graza a Hugo Pratt ver publicada en galego a súa obra Unha balada do mar salgado, protagonizada polo inmorrente Corto Maltés. Quizais aproveitase o veneciano nacido en Rimini para dar unha volta por Galicia e intentar descubrir o segredo esotérico da forma das rías, ou o arcano oculto nas espirais dos petroglifos …

Un ensaio sobre a emigración gaña o Ramón Piñeiro

Convocado por Editorial Galaxia co patrocinio de Unión Fenosa, o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2006 foi para Psicopatoloxía do retorno, de Alexandre García-Caballero e Ramón Area Carracedo. Na súa VI edición o xurado estivo composto por Benxamín Casal, Susana Reboreda, Ramón Villares, Víctor F. Freixanes e Carlos Lema como secretario do xurado. O xurado …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR