Autor/a destacado/a:
Marcos Calveiro
27/11/17

Marcos Sánchez Calveiro, coñecido como Marcos Calveiro, naceu en Vilagarcía de Arousa no ano 1968 e actualmente reside en Vigo, onde exerceu a avogacía e agora rexenta un local de hostelaría. Comezou a súa carreira literaria creando obras dedicadas á literatura infantil e xuvenil, escribindo principalmente en galego. Neste campo recibiu numerosos premios como o Ala Delta, o Barco de Vapor ou o Lazarillo. Tamén publicou obras no campo da poesía e o ensaio e en 2008 publicou a súa primeira novela dirixida ao público adulto, Festina Lente, recoñecida co Premio da Crítica de narrativa galega. En 2015 gañou o IX Premio Narrativa Breve Repsol coa novela Fontán e en 2017 o XXIX Premio García Barros coa novela O xardineiro dos ingleses.

Xosé María Álvarez Blázquez en Galaxia

Editorial Galaxia publicará nos próximos meses unha biografía e unha antoloxía poética de Xosé María Álvarez Blázquez. Tamén recuperaremos, na colección DOMBATE, a súa obra máis significativa, Canle segredo, e varios inéditos do autor, entre eles a súa narrativa galega completa. A figura de Xosé María Álvarez Blázquez ofrece unha chea de posibilidades: poeta, narrador …

Os enigmas de "O reino ideal"

É un concurso para premiar as mellores creacións de xogos enigmísticos. Cada trimestre haberá como premio un libro, agasallo de Editorial Galaxia, para un alumno de cada categoría (A: primaria e 1º de ESO; B: 2º, 3º e 4º de ESO). Visitade a páxina en: www.blogoteca.com/buli/ para saber como participar ou para mellorar os vosos …

Presentado en Vigo o catálogo de "Redes de coñecemento"

Nunha tardiña atlántica, de pura tradición viguesa, celebrouse no segundo andar do edificio situado na banda oeste do peirao de trasatlánticos, a un tiro de pedra do porto pesqueiro. O acto foi introducido por Uxío Labarta, director do CSIC en Galicia, que deu paso aos participantes: Xesús Paz Arias, Presidente da Autoridade Portuaria; Xosé Antonio …

Últimos días para visitar a exposición "Xohán Ledo. As caras do libro"

Co patrocinio da Consellaría de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, o Xacobeo e o Ministerio de Cultura, e mais coa colaboración do Concello de Vigo (Concellería de Cultura) e a Fundación Caixa Galicia, presentamos a vida e a obra dun dos grandes creadores da edición despois da guerra civil, moi principalmente dende os …

Aberta ao público a exposición "Redes de coñecemento"

Co gallo do centenario da creación da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas (JAE), o Consejo Superior de Investigaciones Científicas-Delegación Galicia organiza esta exposición que reconstrúe os momentos decisivos da creación, consolidación e desfeita dun proxecto de actualización da ciencia contemporánea en Galicia. O 22 de novembro abriu as súas portas a exposición …

Harry Potter en galego

Editorial Galaxia vén publicando, en colaboración con Ediciones Salamandra de Barcelona, a serie Harry Potter en lingua galega. A última entrega, Harry Potter e as reliquias da morte, está a ser traducida por Laura Sáez, quen tamén prepara a tradución de Harry Potter e a Orde do Fénix. Carlos Acevedo é o tradutor de Harry …

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

As Árbores de Galaxia están repletas de froitos este ano. Novos libros para todos os banzos lectores, pero tamén libros de sempre que recuperamos en novo formato. Para que non se escape ningunha das novas árbores e poidades ter en conta o bosque completo que, dentro da literatura infantil e xuvenil, Editorial Galaxia foi configurando …

Presentación de "Unha falsa luz" en Bruxelas

O autor foi precedido na palabra por Manuel Pueyo, secretario da Couto Mixto, quen explicou o significado do acto para a asociación. A seguir falou o escritor Xavier Queipo, poeta oficial da cidade de Bruxelas, quen fixo glosa e laudatio da obra e do autor. En resumo, veu dicir que a novela presentada xunto coas …

Libro e mercado

Son dúas xornadas intensas: xoves e venres. As sesións celébranse, como todos os anos, na sede do Consello da Cultura Galega e reúnen especialistas de dentro e de fóra de Galicia. Silvia Querini (editora) fala das relacións entre libro e mercado e Antonio G. Iturbe (subdirector da revista Qué leer) intenta responder á pregunta de …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR