Autor/a destacado/a:
Marcos Calveiro
27/11/17

Marcos Sánchez Calveiro, coñecido como Marcos Calveiro, naceu en Vilagarcía de Arousa no ano 1968 e actualmente reside en Vigo, onde exerceu a avogacía e agora rexenta un local de hostelaría. Comezou a súa carreira literaria creando obras dedicadas á literatura infantil e xuvenil, escribindo principalmente en galego. Neste campo recibiu numerosos premios como o Ala Delta, o Barco de Vapor ou o Lazarillo. Tamén publicou obras no campo da poesía e o ensaio e en 2008 publicou a súa primeira novela dirixida ao público adulto, Festina Lente, recoñecida co Premio da Crítica de narrativa galega. En 2015 gañou o IX Premio Narrativa Breve Repsol coa novela Fontán e en 2017 o XXIX Premio García Barros coa novela O xardineiro dos ingleses.

Murado presentou "O soño da febre"

O novo libro de Miguel Anxo Murado chega logo de máis de seis anos desde a publicación da súa última obra narrativa. O soño da febre, que Editorial Galaxia publica na colección Literaria, parte dun episodio real da vida do autor e vai presentando unha galería de historias sorprendentes presididas pola pantasma da febre. Miguel …

O Premio Nobel Orhan Pamuk editarase tamén en galego

A nova novela de Orhan Pamuk, na que o escritor aínda está a traballar, titúlase O museo da inocencia. Desenvólvese na cidade de Estambul, marco habitual das súas obras, entre 1975 e os derradeiros anos do século XX, e conta a historia de Kemal, fillo dunha das familias máis ricas da cidade, e do seu …

Francisco Castro gaña o García Barros 2007

O xoves 12 de xullo de 2007 tivo lugar o fallo do XIX Premio de Novela Manuel García Barros (Ken Keirades) do Concello da Estrada, nun acto para os medios de comunicación no que unha vez aberta a plica se deu a coñecer o nome de Francisco Castro como gañador da convocatoria deste ano 2007. …

Un Eduardo Blanco Amor inédito

En coedición co Pen Clube de Galicia, Editorial Galaxia vén de publicar a obra poética de carácter amoroso, escrita en castelán por Eduardo Blanco Amor, obra profundamente marcada pola emoción dos afectos e mesmo pola pulsión erótica. Baixo o título xenérico de Ars Amandi, reúnense poemas e libros inéditos, escritos en distintas épocas, que van …

Alfredo Conde recrea a figura histórica de María Pita

María das Batallas. Segundo explica o autor, o título procede dun verso de Lorenzo Varela. Lemos na páxina 271: "Claro que tivo sorte a miña nai, toda a do mundo (…) Foi unha gran muller. Pero a súa gran fazaña non consistiu en lle arrear un pau a un invasor nunha arroutada, senón a batalla …

Primeiro libro de Oriana Méndez

Acompañada dos seus amigos, moitos deles membros das Redes Escarlata e, sobre todo, lectores da nova poesía que se está a facer en Galicia, Oriana Méndez (Vigo, 1984) presentou en Santiago de Compostela o seu primeiro libro: Derradeiras conversas co capitán Kraft, publicado na colección DOMBATE. Un libro sorprendentemente maduro, segundo as intervencións dos presentadores: …

Europa e a Xeración Nós, ata o 25 de xullo

A exposición está producida por MERLÍN COMUNICACIÓN e organizada pola Fundación Otero Pedrayo e Presidencia da Xunta de Galicia e conta tamén co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e mais da Fundación Galicia Europa e a colaboración do Museo do Pobo Galego e o Concello de …

Xuño das letras na librería Trama

Velaquí a relación dos actos organizados por Editorial Galaxia que terán lugar ao longo deste mes na librería Trama (Avenida da Coruña, 21. Lugo): – Martes 12, ás 18.30 horas, contacontos a cargo de Ana Carreira. – Martes 19, ás 18.30 horas, obradoiro de debuxo para nenos e nenas por Noemí López. – Martes 26, …

Novidades de setembro: O GUIÓN DA NOVA PELÍCULA DE PAUL AUSTER

A película vaise estrear no Festival de Cine de San Sebastián, que se celebrará do 20 ao 29 de setembro, e que ha contar coa presenza do escritor como presidente do xurado. Por primeira vez publícase en galego o guión dunha película que se presenta de xeito simultáneo nas pantallas. A nova obra de Auster …

"O voto emigrante" na Feira do Libro da Coruña

O libro sobre O voto emigrante, recentemente editado na colección de Ensaio, reafirma o seu interese. A recente reforma do Código Civil recoñece a posibilidade de que os netos dos emigrantes poidan adquirir a nacionalidade española. Aínda que as forzas políticas galegas non se poñen de acordo respecto do dereito ao voto da emigración. A …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR