Autor/a destacado/a:
Marcos Calveiro
27/11/17

Marcos Sánchez Calveiro, coñecido como Marcos Calveiro, naceu en Vilagarcía de Arousa no ano 1968 e actualmente reside en Vigo, onde exerceu a avogacía e agora rexenta un local de hostelaría. Comezou a súa carreira literaria creando obras dedicadas á literatura infantil e xuvenil, escribindo principalmente en galego. Neste campo recibiu numerosos premios como o Ala Delta, o Barco de Vapor ou o Lazarillo. Tamén publicou obras no campo da poesía e o ensaio e en 2008 publicou a súa primeira novela dirixida ao público adulto, Festina Lente, recoñecida co Premio da Crítica de narrativa galega. En 2015 gañou o IX Premio Narrativa Breve Repsol coa novela Fontán e en 2017 o XXIX Premio García Barros coa novela O xardineiro dos ingleses.

Galaxia recibe dous premios na Gala do Libro 2019

O pasado sábado, 11 de maio, déronse a coñecer no Teatro Principal de Santiago de Compostela as obras gañadoras da Gala do Libro 2019. E foron dúas as obras da Editorial Galaxia galardoadas nestes premios: Natura, de Iolanda Zúñiga, na categoría de narrativa, e Memoria do corpo, de Xesús Rábade Paredes, en poesía. A Gala …

Galaxia reafirma o seu compromiso co Autismo

Galaxia renova o seu convenio coa Asociación de Trastornos do Espectro Autista de Vigo coa intención de fomentar a inserción laboral das persoas con autismo. No ano 2017 a Editorial Galaxia sumouse ao programa Axúdalle a encaixar,  da Asociación de Trastrornos do Espectro Autista de Vigo (TEAVi), co obxectivo de brindar oportunidades no mercado laboral …

A casa do terror gaña o Premio Martín Códax da Música 2019

Péchase a VI Edición do Premio Martín Códax co galardón a Xoán Curiel e a Banda do Verán na categoría de música infantil pola súa  obra A casa do terror. Estes premios da música galega, promovidos pola Asociación de Músicas ao Vivo nacen coa intención de dar visibilidade e recoñecer a diversidade e a calidade …

Chega ás librarías Beleza vermella de Arantza Portabales

Mañá, xoves 9 de maio, Arantza Portabales regresa ás librarías co seu último traballo, Beleza vermella, unha novela negra que non deixará indiferente a ninguén. A súa segunda novela, Deixe a súa mensaxe despois do sinal, publicada inicialmente en galego por Galaxia e finalista do Premio San Clemente, traduciuse a outros catro idiomas: castelán, italiano, hebreo …

Campus Morte gaña o Premio Frei Martín Sarmiento

Campus Morte, a primeira novela de Lito Vila Baleato, resultou o pasado venres a obra gañadora do XV Premio Frei Martín Sarmiento na categoría de bacharelato e adultos. Un galardón que o autor recolleu nun acto celebrado na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela. Deste xeito, o debut narrativo de Vila Baleato, …

A noite do lobo de Abel Tomé gaña o Premio Illa Nova de Narrativa 2019

Esta tarde na Fundación Barrié de Vigo (Policarpo Sanz, 31) entregouse o Premio Illa Nova de Narrativa para menores de 35 anos convocado pola Editorial Galaxia. O gañador desta terceira edición foi Abel Tomé coa novela A noite do lobo. A obra desenvólvese nunha época remota no acervo galaico portugués pero conta con referencias actuais e …

II Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

BASES 1º Poderán concorrer ó premio tódalas autoras e autores de calquera nacionalidade que presentaren os orixinais escritos en lingua galega (de conformidade coas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego aprobadas pola RAG) de obras de creación literaria dirixidas a nenas e nenos de 3 a 12 anos. As obras deberán ser inéditas e …

Mañá coñeceremos a obra gañadora do Illa Nova 2019

Mañá, sábado 4 de maio, darase a coñecer o nome do gañador ou gañadora do Premio Illa Nova 2019 nun acto que terá lugar na sede da Fundación Barrié (Policarpo Sanz, 31) ás 19:00h. Despois do éxito obtido polas dúas novelas gañadoras nos anos anteriores, A vida sinxela de Marcelo Firmamento e Senlleiras, esta terceira edición do Premio Illa …

Nominados ao Premio Martín Códax da Música dous libro-discos de Galaxia

Xoán Curiel e a Banda do Verán con A casa do terror e Olga Brañas con Pitusa Semifusa e os estilos musicais son dous dos nominados na categoría de música infantil na sexta edición dos Premios Martín Códax da música. Estes premios da música galega, promovidos pola Asociación de Músicas ao Vivo nacen coa intención …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR