Autor/a destacado/a:
Marcos Calveiro
27/11/17

Marcos Sánchez Calveiro, coñecido como Marcos Calveiro, naceu en Vilagarcía de Arousa no ano 1968 e actualmente reside en Vigo, onde exerceu a avogacía e agora rexenta un local de hostelaría. Comezou a súa carreira literaria creando obras dedicadas á literatura infantil e xuvenil, escribindo principalmente en galego. Neste campo recibiu numerosos premios como o Ala Delta, o Barco de Vapor ou o Lazarillo. Tamén publicou obras no campo da poesía e o ensaio e en 2008 publicou a súa primeira novela dirixida ao público adulto, Festina Lente, recoñecida co Premio da Crítica de narrativa galega. En 2015 gañou o IX Premio Narrativa Breve Repsol coa novela Fontán e en 2017 o XXIX Premio García Barros coa novela O xardineiro dos ingleses.

Alfredo Conde regresa ás librarías con Un vento que pasa

Cinco anos despois da súa última publicación, Alfredo Conde volve ás mesas de novidades da man da colección Literaria de Galaxia con Un vento que pasa, unha novela sobre a farsa cruenta da vida. Un vento que pasa é “unha esaxeración propia dun vello consentido”. A historia dun home enfermo que, na fin da súa …

Galaxia na Guía de literatura infantil e xuvenil para a igualdade

A Asociación galega do libro infantil e xuvenil (GÁLIX), en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade, promoveu a creación dunha Guía de literatura infantil e xuvenil para a igualdade, na que aparecen recollidas cinco obras de Galaxia. Esta guía ofrece unha selección de libros publicados nos anos 2014, 2015 e 2016, distribuidos en tres tramos …

Galaxia na Festa dos Libros de Pontevedra

Este venres 5 de xullo da comezo a Festa dos Libros de Pontevedra, e Galaxia non podía faltar nesta tan agardada cita para os amantes da literatura. Ao longo de toda a fin de semana terán lugar diversas actividades apoiadas pola Editorial e destinadas a todos os públicos. O venres abrimos a Festa coa sinatura …

Ramón Villares leva a Historia de Galicia a Francia

Despois da súa tradución ao castelán e ao portugués da man de Mar Maior e Mar Maior Brasil, Historia de Galicia chega a Francia baixo o título Terre de Galice. Histoire d’un Finistère européen, publicado por Presses Universitaires de Rennes. Historia de Galicia é xa unha obra que obtivo unha enorme repercusión entre os lectores …

Xosé A. Neira Cruz gaña o II Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

Reunido nas dependencias municipais da Pobra do Caramiñal esta mesma mañá, un xurado composto pola escritora Patricia Mallo, a vocal da Asociación Cultural Barbantia Pilar Sampedro e o director xeral da Editorial Galaxia Francisco Castro, decidiu por unanimidade declarar gañadora do II Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro a obra O enigma do baúl pechado …

Xosé Ricardo Losada gaña o Premio Viadutos de Novela 2019

Reunido nas dependencias municipais de Redondela, o pasado sábado 29 de xuño, o xurado do II Premio Viadutos de Novela decidiu declarar gañadora a obra A casa xunto ao volcán que, aberta a plica, resultou ser da autoría de Xosé Ricardo Losada. O xurado, composto polas escritoras Iolanda Zúñiga e Anna R. Figueiredo (gañadora da pasada …

Chega ás librarías Camiño de paixóns de Carlos Meixide

Camiño de paixóns, obra gañadora do I Premio de novela Camiño de Santiago, chega ás mesas de novidades das librarías galegas da man de Carlos Meixide e a Editorial Galaxia. A obra galardoada nesta primeira edición, Camiño de paixóns, de Carlos Meixide, amósanos unha historia que o seu autor define como pulp e que toma …

XIII Premio de Narrativa Breve Repsol

O Premio de Narrativa Breve Repsol está convocado pola Fundación Repsol, a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia. A dotación económica do premio ascende a 12.000 euros e inclúe a publicación da novela curta por parte da Editorial Galaxia na súa colección Literaria. As obras poderán enviarse ata o próximo …

Ana Abad recolle o II Premio Roberto Vidal Bolaño

O sábado 29 de xuño tivo lugar a entrega do II Premio Roberto Vidal Bolaño a Ana Abad de Larriva por A sombra das árbores. O IES Ribeira do Louro acolleu en O Porriño ás 19:00h a un público que puido presenciar o recoñecemento que se lle deu a Ana Abad de Larriva pola súa –en …

Icía García Carregal gaña o Reto Lector 2019

Hoxe coñecíase en Vigo o fallo do Reto Lector 2019, a campaña de animación á lectura promovida dende a Editorial Galaxia. O Reto lector, que este ano se consolida xa na súa terceira edición como unha actividade de referencia na promoción de lectura en lingua galega, está destinado a mozas e mozos de entre 12 …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR