Carlos Lema, director literario de Galaxia, é un bo coñecedor xa non só da produción escrita de Eduardo Blanco Amor senón tamén de todo o seu complexo e interesante universo fotográfico. De feito el é o comisario da exposición "A ollada do desexo. Obra fotográfica de Blanco Amor. 1933-1973" que neste intre está aberta no Museo Verbum Casa das Palabras de Vigo e que poderá visitarse ata o vindeiro 15 de marzo.
O acto é de balde, a entrada libre e celebrarase ás 20 horas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR