Na revista Tempos Novos do pasado mes de febreiro, a crítica literaria Montse Pena Presas comentaba e recomendaba A pel do mundo, o primeiro poemario para público infantil de Berta Dávila.

Pena Presas destaca na súa recensión que este é “un poemario dirixido a lectorado autónomo, unha sorte de paseata arredor de diferentes culturas, mais un texto que establece con quen se achega a el a complicidade do que aguilloa”. Ademais, “o eu lírico desprega unha nada inxenua capacidade de fixarse nos detalles máis nimios, naquilo que pode distinguir a cada unha destas cativas e vativos dentro dos seus lugares de orixe, buscando sempre as súas fendas, aquilo que manca”.

Finalmente, Pena Presas conclúe que esta nova obra de Berta Dávila “está chamada a ser unha das descubertas que deixou 2017: pola súa autora, dona xa dunha traxectoria literaria ben interesante, mais sobre todo porque a poesía infantil segue precisando libros coma este, que a fagan continuar a moverse e que provoquen que o lectorado active o sentido estético, mais tamén o crítico”.

Podes ler a recensión ao completo aquí.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR