Berta Dávila ven de gañar o Premio Guillermo de Baskerville que organiza o blog Libros Prohibidos coa versión en castelán de O derradeiro libro de Emma Olsen, publicada por Mar Maior.

O último libro de Emma Olsen acadou unha nota media de 8,22, aventaxando en 0,65 puntos ao segundo clasificado e acadando, ademáis, a nota más alta por parte de cinco dos seis membros do xurado: Fernando, autor do blog Libros en el petate; Inma, correctora de textos e autora do blog Los libros de Dánae; Lourdes, escritora e directora de Revista EnSueño; Víctor, poeta, escritor e profesor de escritura creativa; Lorena, autora del blog El pájaro verde; e Alejandro, fundador e director da web literaria La piedra de Sísifo.

O derradeiro libro de Emma Olsen vai pola súa cuarta edición na versión orixinal en galego. A novela, que no seu día mereceu o Premio de Narrativa Repsol, co paso do tempo foi atesourando outros galardóns como o Premio da Asociación de Editores ou o Mellor Libro de Ficción 2013. O libro ten sorprendido pola súa trama, pola potencia da voz narradora e, tamén, pola beleza das súas páxinas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR