Begoña Caamaño recibe o Premio Losada Diéguez

Categoría: Nova

'Morgana en Esmelle' de Begoña Caamaño recibe, nun prazo dun mes, tres dos premios máis importantes do sistema literario galego, concretamente o Premio da Edición, o Premio da Crítica, e, este sábado, o Losada Diéguez no apartado de non-ficción.
Segundo figura na acta, o xurado decidiu premiar a novela 'Morgana en Esmelle' 'pola súa orixinalidade no tratamento dun tema de longa tradición, non só na literatura galega senón nas literaturas universais', engadindo que 'consegue renovar a temática artúrica fuxindo de estereotipos e creando poderosas personaxes femininas. Por outra banda, a obra combina un persoal estilo literario cun magnífico traballo lingüístico', matiza.
O premio será entregado o día 15 do próximo mes de xuño. O xurado estivo presidido polo concelleiro de Cultura do concello de Carballiño, Rodrigo González, intervindo como vocais: Euloxio Rodríguez, pola Real Academia Galega; Dolores Vilavedra, do Consello da Cultura Galega; Francisco Luis Fariña, del Museo do Pobo Galego; Avelino García, pola Diputación; Xosé Henrique Costas, da Universidade de Vigo, e Goretti Sanmartín, pola Universidade da Coruña.

Comparte nas túas redes sociais ou por email