Balbino, medio século contando

Categoría: Nova

Hoxe cúmprese medio século da publicación na Arxentina de ‘Memorias dun neno labrego’, a novela que converteu a Xosé Neira Vilas no autor máis lido da historia da literatura galega, superando xa os 600.000 exemplares vendidos desta obra protagonizada por un neno de aldea, 'un ninguén' como rezan as primeiras liñas da obra.
Na nosa editorial acabamos de publicar o libro inaugurando a Biblioteca Neira Vilas, a única do noso catálogo dedicada a un escritor vivo.
O escritor de Gres, de 82 anos, 'infectado' como el di, pola paixón da escrita, segue en activo no mundo literario, e confesa estar mergullado na redacción dunha nova novela, o cal é, sen dúbida, unha noticia a celebrar tan importante como o medio século de vida do seu, do noso, Balbino.

Comparte nas túas redes sociais ou por email