Bailando con Mamá Cabra dende Arxentina

Categoría: Nova

A Galicia exterior existe. Chámase Antía, ten 3 anos e medio, filla de Sandra e Ruy, vella estirpe galega, zamorana, diaguita (nos pagos de Catamarca) e calabresa. Na casa fálase galego e cántase tamén con Mamá Cabra. Antía empeza a dar os seus primeiros pasos na nosa lingua coa música máis divertida do país.
Un exemplo máis de que a lingua galega é, como todas as linguas, un ser vivo que non coñece fronteiras. Os idiomas son espazos de comunicación, pero tamén de experiencias compartidas, memoria, emocións, e moi fundamentalmente, afectos.
Na ligazón da dereita, podes descargar o simpático video de Antía bailando coas Mamá Cabra dende Arxentina.

Comparte nas túas redes sociais ou por email