Protección de Datos

O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido na Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD) e no resto da normativa de aplicación.

O usuario desta web autoriza a Editorial Galaxia a incorporar á súa base de datos a información que o usuario facilite. Editorial Galaxia poderá usar os devanditos datos para enviarlle información comercial dos seus produtos e servicios, comprometéndose a non cedelos, compartilos, transmitilos ou vendelos a ningún terceiro sen o consentimento previo e expreso do usuario.

Tal e como establece a devandita LOPD, así como a Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI-CE), o usuario poderá exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición en calquera momento, dirixíndose ao enderezo electrónico de Editorial Galaxia: galaxia@editorialgalaxia.com, ou ben ao domicilio social da empresa, Avenida de Madrid, 44, de Vigo (36204), Pontevedra, España.

Responsabilidades

Tanto o acceso ao portal, como o uso que poida facerse da información contida no mesmo son da exclusiva responsabilidade do usuario.

Editorial Galaxia non se fai responsable polos danos derivados directa ou indirectamente polo uso deste sitio, tanto no que se refire á web da que é titular como respecto doutras webs coas que se pode enlazar para recibir información.

Propiedade Intelectual

Editorial Galaxia resérvase todos os dereitos de propiedade intelectual sobre este portal. O uso non autorizado da información e demais elementos contidos neste portal, dará lugar ao exercicio das accións que legalmente correspondan. Os dereitos de propiedade intelectual das páxinas enlazadas pertencen aos seus respectivos propietarios.

Xurisdición

Para cantas diferenzas poidan xurdir en relación con esta web, o usuario acepta someterse á xurisdición dos Xulgados e Tribunais de Vigo, Pontevedra, España, renunciando expresamente a calquera outro foro que lles puidese corresponder.

Aceptación

Desde o momento en que o usuario utiliza os servizos desta web, Editorial Galaxia entende que acepta os termos expostos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR