ramon

Xosé Ramón Barreiro Fernández (Ribeira, 1936) é historiador. Licenciouse e doutorouse en Dereito Canónico na Universidade Gregoriana de Roma. Doutorouse en Historia na Universidade de Santiago de Compostela coa tese 'El campesinado gallego en la Historia contemporánea' e é catedrático de Historia Contemporánea de Galicia na mesma universidade. De 2001 a 2010 foi presidente da Real Academia Galega. É membro Consello da Cultura Galega desde a súa fundación.

Entre as súas obras pódense destacar: El carlismo gallego (1976), Historia Contemporánea de Galicia (1981), La imprenta en Galicia (1982) e os catro volumes dedicados aos séculos XIX e XX publicados dentro do Proxecto Galicia de Ed. Hércules, Os deputados de Galicia. Biografía de deputados e senadores (1810-2001) (2001), Historia da Universidade de Santiago (2001). Recibiu o Premio da Crítica (Investigación), en 1985 e 2000, o Premio Santiago da TVG no ano 1987, a Medalla Castelao no ano 1991, a Insignia de ouro da Universidade de Santiago de Compostela e o Premio da Asociación de libreiros, entre outros.
O seu libro MURGUÍA recibiu o Premio da Crítica 2013 na modalidade de Investigación.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

murguia
mercar
Murguía
A biografía de Manuel Murguía

Esta obra recibiu una axuda á edición do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
40,00€
 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR