mont

Xosé Monteagudo (Moraña, 1965), licenciado en Dereito, comezou a súa traxectoria literaria ao obter o accésit no premio Modesto R. Figueiredo do ano 2001 co relato "O engado do triángulo". A súa primeira novela, As voces da noticia, resultou gañadora do Premio Blanco Amor no ano 2002; nela, o autor sérvese de transcricións de fitas magnetofónicas, correos electrónicos, entrevistas e mesmo actas xudiciais para tecer unha narración na que as voces dos protagonistas reflicten cadansúa percepción dos acontecementos.

En 2006 publica tamén en Galaxia a súa segunda novela, titulada Esta historia, na que reconstrúe unha biografía xuvenil a partir das lembranzas universitarias. É colaborador asiduo de Grial, revista na que realiza crítica literaria. En 2009 recibiu o Premio García Barros pola novela Un tipo listo.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

Todo canto fomos
mercar
Todo canto fomos
PREMIO GALA DO LIBRO GALEGO 2017 CATEGORÍA DE NARRATIVA. PREMIO SAN CLEMENTE DE NARRATIVA 201824,70€
esta historia
mercar
Esta historia
Contar unha historia ten o engado e o feitizo da descuberta, é como a revelación dunha vida secreta.13,70€
curioso
mercar
O curioso mundo das persoas normais
A nova novela de Xosé Monteagudo conta unha
historia sorprendente, a dun home que pasa toda a súa vida pechado no cuarto dun hospital.
12,70€
tipo
mercar
Un tipo listo
Premio García Barros 200919,90€
voces de noticia
mercar
As voces da noticia
Unha novela na que as voces dos protagonistas conducen ao lector á resolución dun crime do pasado.22,90€
 

Recensións


Noticias relacionadas

UN TIPO LISTO2010-03-26 19:05:34
Sinatura de Xosé Monteagudo2012-12-18 09:22:42

Actividades relacionadas

CULTURGAL 20122012-11-30 10:00:00
Sinatura de Xosé Monteagudo2012-12-11 20:00:00

Novidades

9788491514053Atranco no bancoManuel Núñez Singala
9788491514060A sombra das árboresAna Abad de Larriva
9788491514015Os jeans de MaríaLois Alcayde Dans
9788491514046CarruselBerta Dávila

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR