Miranda2

Xosé Miranda Xosé Miranda (Lugo, 1955) estudiou bioloxía e é profesor de ensino medio na súa cidade natal. Incorporouse á literatura galega a través do premio de relatos breves Modesto R. Figueiredo, no que foi distinguido en 1988 e 1989. Xa en 1990 conseguiu o premio Manuel García Barros por Historia dun paraugas azul (1991), unha novela de impronta cunqueiriana que suscitou un grand einterese entre a crítica. Despois publicou a colección de relatos A biblioteca da iguana (1994) e, en 1999, coa novela Morning Star obtivo o premio Xerais. Tamén é coautor, xunto con A. Reigosa e X. R. Cuba, da serie Contos marabillosos e do Diccionario dos seres míticos galegos. Xosé Miranda dedícase, ademais da narrativa, tamén á poesía, xénero no que se insiren os libros Amantes e viaxeiros (1996, Premio Eusebio Lorenzo Baleirón), Sonetosfera (1996), Carozo azul (1996) e Permiso para o corso (1997, Premio Esquío). En 2006 publica con Galaxia Lúa e os nubeiros.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

foto
mercar
Infancia e desventura de Lino Carrán
Unha grande metáfora, épica e lírica á vez, sobre a nosa vida, a nosa historia e os nosos soños.15,75€
lua
mercar
Lúa e os nubeiros
Quen lle ía dicir a Lúa que aquel día que comezara coma outro calquera remataría de forma tan inesperada? En primeiro lugar, viaxou cun nubeiro. Que que é un nubeiro? Iso eche longo de contar. De todos modos, por moi excitante que pareza, os nubeiros non sempre se portan ben cos nenos. O que capturou a Lúa, de feito, portouse rematadamente mal. Aínda bo é que chegaron para rescatala dous nenos que... Pero para saberes como se desenvolve esta historia fantástica o mellor é lela.9,80€

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz
9788491514862SilencioAgustín Agra
o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR