pep caccamo

Xosé María Álvarez Cáccamo Naceu en Vigo en 1950. Estudou Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela e dende 1973 exerceu de profesor de Literatura en varios institutos de Galicia. Destaca como poeta, aínda que tamén publicou relatos breves, algunha peza teatral e textos para o público infantil. Como ensaísta centrouse na poesía galega da segunda metade do século XX, con estudos como Vida de Antón Avilés de Taramancos, A comezos do 2006 publica en Galaxia as súas memoria baixo o título de Memoria de poeta.

Da súa obra lírica destacan os poemarios Luminoso lugar de abatimento, Premio Esquío 1986, e Calendario perpetuo, Premio da Crítica de Galicia 1998. Formou parte dos consellos de redacción dos suplementos Galicia Literaria de Diario 16 de Galicia e Faro das Letras de Faro de Vigo. Foi membro do Foro da Cultura e na actualidade forma parte do consello de redacción da revista Grial e do colectivo Burla Negra.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

As últimas galerías
mercar
As últimas galerías
Finalista Premio Arcebispo San Clemente 2016

Editorial Galaxia tira do prelo As últimas galerías, a primeira novela publicada polo poeta Xosé María Álvarez Cáccamo, unha das figuras centrais da xeración lírica da década de 1980.
16,00€
vida taramancos
mercar
Vida de Antón Avilés de Taramancos
A vida de Avilés móvese nun territorio fascinante, onde a imaxinación e a aventura se confunden.0,00€
home
mercar
Un home impuntual
¿Pero como é posible chegar tarde a todas partes?
¿Pódese ser absolutamente impuntual?
11,50€
memoria de poeta
mercar
Memoria de poeta
A obra poética é a auténtica memoria do poeta.24,10€
tempo
mercar
Tempo do pai
Evocación relatada con sensibilidade literaria e emocional, Tempo do pai é a biografía de Xosé María Álvarez Blázquez escrita desde a lembranza íntima dos instantes e das imaxes que configuran a memoria do seu fillo, o poeta Xosé María Álvarez Cáccamo.17,00€
vento
mercar
Vento de sal
Diálogo de dúas voces en contraste, Vento de sal parte da procura da memoria íntima para se achegar, desde os instantes fundacionais do tempo pasado, ao presente dos acontecementos históricos colectivos.11,50€

Recensións


Noticias relacionadas

Un home impuntual2011-06-28 10:51:44
Formas esféricas2012-03-27 10:32:37

Actividades relacionadas


Novidades

os-fios-de-infantilOs fíos de infantilÁngeles e Isabel Abelleira Bardanca
as-ruinas-de-europaAs ruínas de EuropaManuel Xestoso

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR