xm

Xosé María Álvarez Blázquez Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915-Vigo, 1985) foi un escritor polifacético (poesía, narrativa e ensaio), arqueólogo, investigador, e editor que manifestou en todo o seu quefacer unha vontade de compromiso firme co seu país.

Como poeta cómpre destacar os seus libros Poemas de ti e de min (1949), Roseira do teu mencer (1950), Cancioneiro de Monfero (1953) e Canle segredo (1976). Como narrador, en galego é autor dos contos Os ruíns (1935) e A pega rabilonga e outras historias de tesouros (1971).

A súa figura tivo un papel central na creación das editoriais Monterrey e Castrelos, fitos fundamentais para a normalización da nosa cultura nos duros anos do franquismo. Alén diso o seu labor como investigador en temas literarios e arqueolóxicos foi moi salientábel. En literatura son de subliñar as súas achegas ao estudo da lírica medieval galega e á dos Séculos Escuros; no ámbito arqueolóxico os seus traballos sobre o a prehistoria e a romanización son especialmente relevantes.

En 2008 foi o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

escolma
mercar
Escolma de poesía galega I-II
Dous tomos con estoxo.60,00€
canle
mercar
Canle segredo
Premio Eduardo Pondal do Centro Galego de Buenos Aires en 1954, foi publicado en 1976 por Edicións Castrelos.10,00€
pega
mercar
A pega rabilonga. Os ruíns
Publícase neste volume toda a narrativa breve escrita en galego por Xosé María Álvarez Blázquez.12,00€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

as-que-mais-molan-maria-fumacaAs que máis molan!!! UxíaMagín Blanco
hermes-aprendiz-de-magoHermes, aprendiz de magoManrique Fernández
a-ledicia-de-lerA ledicia de lerCarlos Casares
a-pel-do-mundoA pel do mundoBerta Dávila

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR