Xosé Manuel Vélez

Xosé Manuel Vélez Naceu en Ourense en 1963.

Poeta dos anos noventa continuador da liña culturalista que xa aparecera nos oitenta. Estudou Filoloxía Clásica en Salamanca e Filoloxía Xermánica en Würtzburg. Na actualidade exerce a súa labor docente nun Instituto de Ourense, actividade que compaxina coas súas colaboracións de crítica literaria na prensa galega.

Ritos de auga (1993), gañador do II Premio Martín Códax, foi escrito durante a década dos oitenta, é un poemario na liña que segue Gonzalo Navaza en Fábrica íntima, polo predominio das referencias ao mundo grecolatino e polo dominio da intertextualidade: alusións de carácter metaliterario, citas explícitas...

Outros trazos significativos da súa poesía poden ser: o triunfo da narratividade, o distanciamento entre autor e voz poética, orixinando xogos interesantes coa ironía, o coidado da forma e a potenciación do simbolismo.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

ritos de auga
mercar
Ritos de auga
Premio de Poesía Martín Codax 19936,90€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz
9788491514862SilencioAgustín Agra
o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR