xose-luis-sanchez-ferraces

Xosé Luís Sánchez Ferraces Xosé Luís Sánchez Ferraces (San Xoán de Filgueira, Ferrol, 1946) cursou a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. En 1972 obtivo a licenciatura en Filoloxía Románica e posteriormente o Grao na mesma coa defensa da tese de licenciatura titulada “Introdución á lectura d’A Coutada de Vicente Risco”. Profesor de lingua e literatura galegas, exerceu o seu labor docente na Universidade de Santiago de Compostela como profesor adxunto interino e na Universidade de Vigo como profesor titular de Escolas Universitarias na área de “Filoloxías galega e portuguesa”. As súas investigacións céntranse na análise e interpretación de textos narrativos e poéticos tanto de escritores galegos (Rosalía de Castro, Vicente Risco, Castelao, Celso E. Ferreiro, Carlos Casares) como de escritores portugueses (José Gomes Ferreira, José Saramago, Mário de Sá-Carneiro) e hispanoamericanos (Julio Cortázar). De­sempeñou o cargo de secretario do Boletín Galego de Literatura desde 1989, ano da súa creación, ata 1992 e logo, durante un tempo, foi membro do seu Consello de Redacción.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

baixo-o-signo-da-bipolaridade
mercar
Baixo o signo da bipolaridade. A poesía de María Mariño Carou
Despois de ler esta monografía de Xosé Luís Sánchez Ferraces entendemos mellor, moito mellor, aquela muller que se fixo poeta nas terras do Courel, onde, durante vinte anos, soportou as súas depresións, que foi a materia do seu canto. Escribíndoas, escribíndose, definíase e foi sobrevivindo.20,00€
 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR