x-l-franco-grande

Xosé Luís Franco Grande Nace en Tebra (Tomiño) no ano 1936, estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu en Vigo a profesión de avogado. En 1978 foi nomeado académico de número na Real Academia Galega e leu o seu discurso de ingreso en 1998. Foi nomeado fillo predilecto do concello de Tomiño en 2011. En 1967, publicou Entre o si e o non, co que obtivo o Premio Nacional de Poesía Rosalía de Castro. Autor do xa histórico Diccionario galego-castelán (1968) e do Vocabulario galego-castelán (1972), a súa obra poética publicouse reunida no volume Herdo de memoria e tempo (1987). En 2004, reeditou, ampliado, Os anos escuros, o seu testemuño sobre a resistencia cultural, e, en 2009, Cando o futuro comezaba, a súa correspondencia con Ramón Piñeiro entre 1955 e 1990. En 2013 deu ao prelo o ensaio Outra política para outros tempos e en 2015 o poemario Xoguetes do tempo.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

9788491514251
mercar
A ilusión da esperanza. De Cabanillas a Xulio Ríos
A irmandade foi, desde os seus comezos, un dos atributos sobranceiros do galeguismo.23,00€
Xoguetes do tempo
mercar
Xoguetes do tempo
Na poesía do autor vonviven o persoal e o externo, o natual e o histórico.14,60€
Outra política para outros tempos
mercar
Outra política para outros tempos
A proposta deste libro é considerar con outro punto de vista as cuestións da política galega aínda abertas. Nese contexto, o federalismo non sería só solución, senón unha maneira de organizar o social, unha cultura. Un xeito de nos encarar co mundo desde a convivencia e a concordia.14,90€
cando
mercar
Cando o futuro comezaba. Correspondencia 1955-1990
Este libro recolle a correspondencia que Ramón Piñeiro mantivo co poeta e escritor Xosé Luís Franco Grande durante trinta e cinco anos, ata poucos meses antes do falecemento de Piñeiro.23,50€
os anos escuros
mercar
Os anos escuros
Os anos escuros de Franco Grande é o testemuño dunha época fundamental para a cultura galega. Galaxia publícao nunha nova edición ampliada. Franco Grande transmítelle ao lector ou lectora o pulso e o ambiente do que foi a resistencia cultural dunha xeración.24,75€
 

Recensións

CANDO O FUTURO COMEZABA2009-12-09 20:00:00
Homenaxe a Franco Grande2012-01-14 12:00:00

Noticias relacionadas

Cando o futuro comezaba2010-03-26 19:05:34

Actividades relacionadas

CANDO O FUTURO COMEZABA2009-12-09 20:00:00
Homenaxe a Franco Grande2012-01-14 12:00:00

Novidades

porque-te-queroPorque te queroBaldo Ramos
a-xente-da-barreiraA xente da barreiraRicardo Carballo Calero
cen-sementes-que-voaronCen sementes que voaronIsabel Minhós Martins
a-viaxe-de-anaA viaxe de AnaAlberte Momán

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR