xose-luis-bernal-farruco-neno

Xosé Luís Bernal López (Farruco) Xosé Luís Bernal López, Farruco (Santiago de Compostela, 1942). Sendo ben noviño subiu a un estrado e xa non volveu baixar. Presentou festivais, animou concursos, organizou certames, pronunciou pregóns, esconxurou queimadas, fixo teatro, recitou poemas e, co seu personaxe Farruco, a súa creación máis notable, percorreu Galicia, de cabo a chicote, por festas e romarías, e levoulle unha mensaxe de humor e de nostalxia a moitos Centros Galegos de España, Europa, América e do Continente Australiano. Aos dezaoito anos agarrou un micrófono e xa non o volveu soltar: Falou polos da SER, Radio Galega, Onda Cero, Radio Voz... E para que a súa mensaxe chegase máis lonxe e a máis lugares, editou catro producións discográficas: Caralladas, Farrucadas, Trapalladas e Gargalladas. Pola década dos oitenta atrapouno unha cámara de televisión e non o deixou escapar: participou e protagonizou series, programas, reportaxes, concursos, entrevistas… As cámaras do cine tamén o captaron e o exhibiron con éxito. E hoxe en día, no descanso do guerreiro, dáselle por escribir.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

eles-e-mais-eu-compostelaneando
mercar
Eles e mais eu. Compostelaneando
A vida que rodeou e rodea a Xosé Luís, a Bernal, Farruco,22,00€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514725Unha estrela para AminaCelia Díaz Núñez
cronica-viva-do-pensamento-galegoCrónica viva do pensamento galegoMarcelino Agís Villaverde
arbores-no-desertoÁrbores no desertoRosalía Fernández Rial

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR