Caneiro

Xosé Carlos Caneiro (Verín, 1963). É licenciado en Xeografía e Historia e en Filoloxía. Como poeta publicou os libros Da túa ausencia (1991, premio Celso Emilio Ferreiro), Estación Sur (1992, premio Cidade de Ourense), A valgada triste do amor (1997, premio Johán Carballeira) e ¿Aínda soñas con piratas? (1999). A súa obra narrativa, traducida parcialmente ao castelán, recibiu numerosos recoñecimentos. Iniciouna con O infortunio da soidade (1992, premio Xerais), á que seguiron Un xogo de apócrifos (1997, premio Torrente Ballester), Tal vez melancolía (1999, premio García Barros), Os séculos da lúa (1999), Ébora (2000, premios Blanco Amor e Eixo Atlántico), A rosa de Borges (2000, premio Vicente Risco de narrativa fantástica). En Galaxia ten publicado o libro de relatos Triloxía dos tristes (2001), a novela Ámote (2003), o ensaio sobre literatura Os dominios de Caín (2006), a novela A vida nova de Madame Bovary (2008) e Un último destino (2010).

En 2011 recibiu o Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego na súa VIII edición, concedido por Novacaixagalicia.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

A máscara de Ulises
mercar
A máscara de Ulises
Neste libro o autor reúne unha antoloxía dos seus contos, representativos de diversas épocas e conformacións estilísticas.18,70€
des
mercar
Despois de ti, a chuvia
Poesía, música e Caneiro en estado puro24,50€
raposo
mercar
O raposo Colabranca
Xosé Carlos Caneiro, que se estrea como autor de literatura infantil, reflexiona sobre a tiranía da beleza e do superficial na relación entre os seres que poboan a terra.10,00€
Un último destino
mercar
Un último destino
Regreso para vencer. Golpear a memoria e mirar as árbores como ti miras, papai, como os teus ollos de morto miran este mencer de novembro.20,20€
triloxia tristes
mercar
Triloxía dos tristes
Tres relatos tristes que conteñen a esencia da literatura de Caneiro.9,00€
amote
mercar
Ámote
Unha obra que nace coa vocación de ser a gran novela de amor da narrativa galega contemporánea.19,70€
os dominios de caín
mercar
Os dominios de Caín
Un libro de ensaios dun escritor é a porta de entrada máis directa á súa obra literaria, no caso de Os dominios de Caín, de Xosé Carlos Caneiro, o autor vai máis alá e fai un intenso alegato a prol da literatura. Con paixón pero tamén con rigor, Caneiro achégase ao universo literario, aos seus autores favoritos. Como dicía Borges, cada escritor inventa os seus propios precursores. Editorial Galaxia publica na súa colección de ensaios un libro que é unha auténtica confesión de amor, de amor á literatura.17,50€
bovary
mercar
A vida nova de Madame Bovary
A literatura como realidade que xorde da mesma literatura é a certeza da que parte a nova novela de Xosé Carlos Caneiro.32,00€

Recensións


Noticias relacionadas

Herba de namorar2009-10-19 09:37:31
Despois de ti, a chuvia2012-06-08 12:13:40

Actividades relacionadas

Recital de Caneiro en Verín2008-08-03 23:00:00

Novidades

milicianosMilicianosCastelao

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR