Neira Cruz

Xosé Antonio Neira Cruz Nacido en Compostela en 1968, é un dos autores de libros dirixidos a público infantil e xuvenil máis relevantes do panorama galego actual. Licenciado en Filoloxía italiana e en Ciencias da Información. En 1989 obtivo o premio Merlín por Ó outro lado do sumidoiro, o seu primeiro libro publicado. Logo apareceron outros como Melanio e os paxaros e Os gatos de Venecia. Gañou en dúas ocasións o premio Barco de Vapor con Valdemuller e Os ollos do Tangaleirón. Entre a súa produción destacan outros títulos como O armiño dorme, A memoria das árbores e O xenio do sultán.

Recibiu en 2008 o Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques con 'O punto da escarola', e en 2009 o Manuel María de Literatura Dramática Infantil pola súa obra 'Sopa de xarope de amora', sendo así recoñecido por segundo ano consecutivo nos galardóns literarios que convoca a AGADIC.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

as-vidas-de-antonio-fraguas
mercar
As vidas de… Antonio Fraguas
Hai moitas maneiras de achegarse á vida e á obra dun autor...12,90€
os-ollos-do-tangaleiron
mercar
Os ollos do Tangaleirón
Recuperamos esta obra de Xosé A. Neria Cruz premiada en 1999 co prestixioso Premio Barco de Vapor.12,20€
o-sono-das-sereas
mercar
O sono das sereas
XI Premio de Narrativa Breve Repsol 201714,70€
prodixio
mercar
O prodixio dos zapatos de cristal
Editorial Galaxia publica O prodixio dos zapatos de cristal, recreación do conto tradicional de Charles Perrault a cargo de Xosé A. Neira Cruz. Xunto con O debut de Martino Porconi a editorial inicia unha nova colección, Árbore Musicontos, nun ambicioso proxecto nacido da colaboración coa Real Filharmonía de Galicia quen puxo o marco musical ("La Cenerentola", de Rossini) e da voz da actriz de dobraxe Teresa Santamaría.27,00€
jan
mercar
Jan estivo alí
Arte e literatura van da man nunha historia singular18,90€
familias
mercar
Unha chea de familias
Un autor consolidado no panorama da literatura infantil galega e un novo ilustrador de calidade incuestionable xunguen esforzos a prol desta obra que vai dar que pensar.19,30€
bico
mercar
Un bico de amor e vida
Recreación do conto tradicional de A Sereíña a cargo de Xosé A. Neira Cruz, coa colaboración da Real Filharmonía de Galicia quen puxo o marco musical ("Mares nocturnos", de Manuel Balboa) e da voz da actriz de dobraxe María Inés Cuadrado.27,20€
o armiño dorme
mercar
O armiño dorme
Bia de Medici, filla ilexítima do duque de Florencia conta os últimos días da súa vida.12,70€
porconi
mercar
O debut de Martino Porconi
Editorial Galaxia publica O debut de Martino Porconi, recreación do conto tradicional de Os tres porquiños a cargo de Xosé A. Neira Cruz. Xunto con O prodixio dos zapatos de cristal a editorial inicia unha nova colección, Árbore Musicontos, nun ambicioso proxecto nacido da colaboración coa Real Filharmonía de Galicia quen puxo o marco musical (Shostakovich e Britten) e da voz do actor de dobraxe Francisco M. Barreiro.27,20€
eusonadoptada
mercar
Eu son adoptada
Dentro da coleccion "¿E que?".7,20€

Recensións


Noticias relacionadas

MUSICONTOS2009-02-05 09:53:19
Un bico de amor e vida2009-04-22 09:30:19
Un amigo entre amigos2009-09-14 14:42:15
O enigma está no espello2011-06-28 10:54:11

Actividades relacionadas


Novidades

9788491514053Atranco no bancoManuel Núñez Singala
9788491514060A sombra das árboresAna Abad de Larriva
9788491514015Os jeans de MaríaLois Alcayde Dans
9788491514046CarruselBerta Dávila

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR