xohana-torres-ultimo

Xohana Torres Naceu en Santiago de Compostela en 1931 e faleceu en Vigo o 12 de setembro de 2017. É autora das pezas teatrais A outra banda do Iberr (1965), gañadora do Premio Castelao do Teatro Galego da Agrupación Cultural O Galo, e mais Un hotel de primeira sobre o río (1968). Asinou tamén a novela Adiós, María (1971), Premio Galicia do Centro Galego de Buenos Aires, e que, malia a ser a súa única incursión na narrativa para adultos, está considerada un dos clásicos do noso tempo. Como poeta, estreouse na colección Illa Nova con Do sulco (1957), ou que lle seguirían despois Estación ao mar (1980), Premio da Crítica española en 1981, Tempo de ría (1992) e Elexía a Lola (2016). Todas elas obras que a converterían nun dos grandes nomes da última metade do século XX, rachando moldes e converténdose nun facho inmorrente xeración tras xeración. Xa no eido da literatura infantil, publicou Polo mar van as sardiñas (1968) e Pericles e a balea (1984), e foi unha das pioneiras na tradución de obras deste xénero ao galego, publicadas todas elas na Editorial Galaxia. Tamén a radio foi outra das linguaxes que cultivou cando, en 1963, dirixiu en La Voz de Vigo o primeiro programa cultural radiofónico completamente en galego, Raíz e tempo. En outubro de 2001, ingresou na Real Academia Galega a proposta Salvador García-Bodaño Zunzunegui, Xosé Luís Méndez Ferrín e Xosé Luís Franco Grande, pronunciado o discurso Eu tamén navegar, texto fundamental para o feminismo do noso tempo.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

adios-maria-2018
mercar
Adiós María
Historia dunha rapaza viguesa, filla dun traballador botado ao paro e empurrado á emigración pola desaparición dos tranvías.20,00€
pericles-e-a-balea
mercar
Pericles e a balea
Esta é a historia de Pericles, un churreiro moi especial.9,00€
adios maria
mercar
Adiós, María
ESGOTADO0,00€
polo mar van sardiñas
mercar
Polo mar van as sardiñas
Unha historia realista, tinguida de frescura e inocencia, que nos axuda a entender un pouco mellor o mundo.6,50€

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR