Xoán Curiel

Xoán Curiel Xoán Curiel é un dos valores actuais da música galega.
Neste ano 2014, presenta o seu terceiro disco: Estamos no Verán!!!; neste caso trátase dunha novela-disco infantil, editado pola editorial Galaxia que ten como autora da novela a Charo Pita.
Na súa Xira de Peregrinación Magnética, neste ano, Xoán viaxa ás Azores (Azores Fringe Festival) e tamén a Arxentina, actuando en Bos Aires, Rosario, Paraná, Santa Fe e San Nicolás.
En Xuño do 2013 gaña o premio ao Mellor Album en Lengua Gallega nos Premios de la Música Independiente 2013.
En Decembro do 2012 presenta o seu novo espectáculo Novas e tamén participa nos concertos CoraSons, xunto a artistas coma Joao Afonso, Carlos Blanco ou María Pujalte entre outros.
En Outubro do 2012 participa no Festival Estou La como artista e director artístico compartindo escenario con artistas como Eneida Marta ou Joao Afonso.
Nese mesmo mes de Outubro participa en Bilbao no festival Cantando a Marrodán xunto con históricos da música de autor vasca e catalana como Nico Etxart, Gontzal Mendibil ou Josep Teró.
En Xaneiro do 2012 participará no festival da lusofonía Cantos na Maré, xunto con Mayra Andrade, Carlos do Carmo, Socorro Lira e Uxía.
No ano 2011, presenta e canta no espectáculo Cores do Atlántico de Socorro Lira na Illa de San Simón xunto cos
artistas Uxía, Margareth Meneçes, Joao Afonso e Socorro Lira. Participa ademais neste ano coa súa canción "Rapás, rapás..." no videoxogo Galeoke e canta a canción "Gaiteiro de Vainilla" no disco Arrolos de Salitre de Xabier Díaz e Guillerme Fernández. Participa tamén nos discos A Minha Embala da cantante angolana Aline Frazão na canción Kamba de Fala e no disco From the Light de Kate Targan coa canción "Nos", gravando en California xunto con esta cantante.
No ano 2009 presenta o seu disco Nai por toda Galicia, Brasil, Francia e Bélxica. Neste disco, somérxese nun universo de sonoridades que veñen dende a música de raíz, pasando polo jazz, pop, reggae e a música de autor.
Na súa traxectoria artística destaca a súa versatilidade, participando coma actor, músico, director, cantante ou bailarín en diversos proxectos vinculados á música, o teatro, o teatro infantil e a danza. Proxectos coma o espectáculo infantil A Nena e o Grilo de Magín Blanco e a Editorial Oqo, ou o seu proxecto co grupo Son+d2 onde fan concertos didácticos e espectáculos infantís dende o ano 2007.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

a-casa-do-terror
mercar
A casa do terror
ten a porta aberta para ti!20,00€
Estamos no verán
mercar
Estamos no verán!!!
ESTAMOS NO VERÁN!!! é unha fascinante novela-disco que nace da colaboración entre a escritora Charo Pita e o músico Xoán Curiel.20,00€

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR