babarro

Xoán Babarro González Xoán Babarro naceu en 1947 en Calvelo de Maceda e reside na Coruña. É profesor de galego no ensino secundario e autor de numerosas obras para nenos e rapaces. Entre os seus libros pódense citar: O dragón de Gondomil (1989), Contos de trabecín trabezón (1993), A aldea das catro primaveras (1993) ou A princesa do cabaliño café (1994). Como el mesmo di: "Xoán Babarro naceu un día en que o dragón Samamede cubría a súa crista cunha capa branca e vía como nas augas da Limia paseaban, por entre os veos de brétema, o rei Arturo e a raíña Xenebra. Ao lado do dragón foi aprendendo os nomes da terra e descubrindo os seus feitizos. Xa de maior, coñeceu os bardos e os magos das palabras e, con eles, viaxou polas mil e unha rutas do mapa".


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

9788491514282
mercar
Teño oito anos e quero ser youtuber
Hoxe en día as nenas e os nenos xa non queren ser coma os seus pais e nais.11,70€
As máscaras do profesor Robindra
mercar
As máscaras do profesor Robindra
Este é un libro dentro de moitos libros,10,50€
sempre hausa
mercar
Sempre Hausa
A historia dun rapaz novo obrigado a cambiar de mundo e que a pesar de todo non deixa de ser el mesmo.10,50€
ten ten a miña casa
mercar
Ten, ten a miña casa ten …
Abre o libro e viaxa por ríos e montes, cidades e nubes8,50€
mouchiño
mercar
Mouchiño Mou
Na vella sobreira
que bebe no río
naceu unha noite
no medio do frío...
10,50€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

manuel-garcia-barros-estampas-desde-o-valEstampas desde o valManuel García Barros
sobre-a-lingua-galega-de-rosalia-de-castroSobre a lingua galega de Rosalía de CastroVictoria Álvarez Ruiz de Ojeda
9788491514497Teño medoDavid de la Iglesia

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR