xerardo_agrafoxo-01

Xerardo AgraFoxo Xerardo AgraFoxo (Noia, 1952) é profesor e doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e leva escritos máis de vinte libros de investigación histórica, entre eles os tres volumes de A Guerra Civil en Lousame e Noia, amais do libro Memorias do franquismo (A época do wolfram en Lousame. A corporación de Noia en Meirás) (2002). No ano 2006, seguindo coa súa tarefa de historiar a vida do seu concello, publicou os volumes Crónicas dunha democracia (A transición política en Noia. Os dous mandatos de Díaz Fornas) e A revolta nacionalista (A Noia de Pastor Alonso. O goberno de Bieito González). Dous libros que tiveron continuación cando saíu, en 2008, o derradeiro volume desta triloxía: Noia no cambio de século. No ano 2007 publicou Biografía de María Mariño e María Mariño: retrato dunha vida. Como narrador, no ano 2003 deu ao prelo o libro de relatos O triángulo de Óscar Wilde, un periplo narrativo por varios personaxes e autores da literatura e a arte universal escrito desde a convicción de que a ficción pode axudar a clarexar os matices da historia real. No ano 2004, obtivo o Premio García Barros coa novela Unha viaxe no Ford T e posteriormente vería a luz O violinista de Malá Strana (2008), tamén do xénero novelesco.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

Viaxe á última revolución
mercar
Viaxe á última revolución
A viaxe que conta este libro comeza o 3 de novembro do ano 2014 en Lavacolla e remata trinta e un días despois no aeroporto internacional da Habana.19,90€
A maleta de Victoria Kent
mercar
A maleta de Victoria Kent
Tres días despois do comezo da rebelión militar no Protectorado de Marrocos, Liberto, un obreiro anarquista comprometido coa loita sindical, intégrase na columna de mineiros que intenta parar o golpe de estado en Galicia.23,00€
unha viaxe
mercar
Unha viaxe no Ford T
Gañadora do Premio de Novela García Barros 2004, Unha viaxe no Ford T é unha novela na que viaxes, amor, e literatura tecen unha abigarrada e vivaz trama de intereses e paixóns onde se ve apreixado o protagonista, un fotógrafo free lance.12,40€
biografia
mercar
Biografía de María Mariño
María Mariño faleceu o 19 de maio de 1967. En 2007 dedícaselle o Día das Letras Galegas, corenta anos despois da súa morte e cando se celebra tamén o Centenario do seu nacemento.0,00€
violinista
mercar
O violinista de Malá Strana
A misteriosa aparición do cadáver dun escritor na cidade vella é o punto de partida desta novela.16,00€
 

Recensións


Noticias relacionadas

Viaxe á última revolución2016-06-28 08:35:49

Actividades relacionadas


Novidades

latexo-beatLatexo BeatFestival Internacional Kerouac Vigo
corpo-de-antiochiaCorpo de antiochiaTamara Andrés
leonardo-e-os-fontaneiros-2017Leonardo e os fontaneirosMaría Victoria Moreno
a-sombra-dos-bonsaisÁ sombra dos bonsaisAntón Riveiro Coello
e-habera-tiron-de-orellas-2017E haberá tirón de orellas?María Victoria Moreno

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR